A CONSELLERÍA DO MAR DESTINA 8 MILLÓNS DE EUROS Á PARALIZACIÓN DEFINITIVA DOS BUQUES PESQUEIROS PARA O ANO 2012

Santiago, 26 de decembro de 2011.- A Consellería do Mar destina 8.000.000 de euros á paralización definitiva dos buques pesqueiros para o ano 2012, dando cumprimento a unha política que establece a Unión Europea. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas axudas, que teñen como finalidade axeitar a capacidade pesqueira da frota aos recursos mariños mediante a redución do esforzo pesqueiro. Deste xeito, o departamento que dirixe Rosa Quintana pretende lograr un equilibrio sustentable que asegure que a pesca siga a ser unha actividade de desenvolvemento económico para a nosa comunidade. O importe destas axudas será cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca e poderán optar a elas os propietarios de buques dados de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma e no Censo da Flota Pesqueira Operativa así como as embarcacións incluídas nun plan de axuste do esforzo pesqueiro. A embarcación debe ter unha antigüidade mínima de 10 anos e os interesados en solicitar as axudas terán prazo para facelo ata o 31 de xaneiro de 2012. Ademais destas axudas á paralización convencional, a Consellería do Mar publicará a finais desta semana as axudas á paralización definitiva dos buques de baixura incluídos no Plan de Xestión Integral da pesca de baixura do caladoiro Cantábrico Noroeste para o 2012. Esta foi unha convocatoria específica realizada pola Consellería do Mar por primeira vez para o 2011, ano no que este tipo buques puideron beneficiarse das axudas á paralización por primeira vez, xa que ata ese ano, en xeral, a frota de baixura non tivo oportunidade de acceder ás axudas pola retirada da actividade pesqueira. Con esta convocatoria específica téntase dar resposta e continuidade a unha antiga demanda do sector.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: