XA ME TARDAN ESTES MAGOS
Mañá martes 27 de decembro, en dúas sesións: ás 16:30 e ás 18:30 h, no Auditorio Municipal.
Praza do Rei, s/n. Vigo
E
ditorial Galaxia publica , o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, como o exitoso Ola, ola, la! que tamén publicamos na mesma colección, por Kristina Sabaite, un libro-disco no que, como en anteriores traballos de Mamá Cabra, participaron importantes poetas galegos, neste caso Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a compoñer letras. Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra. A venda de entradas terá lugar na taquilla do Auditorio o mesmo día do concerto, no seguinte horario:
de 12:30 a 14:30 h, e de 15:30 ata o inicio dos concertos