Archive | diciembre 27, 2011

Nueva Directiva Ábaco de la Guardia

O pasado mércores, 14 de decembro, ábaco celebraba a súa Asamblea Xeral Ordinaria para dar contas ós seus asociados das actividades, realizadas ou en curso, do exercicio 2011. Así mesmo, informábaselles do estado de contas, que se cerra coa totalidade das actuacións pagadas e saldo  favorable, a pesares de estar, a estas alturas do ano, pendentes de recibir as axudas por parte da Dirección Xeral de Comercio. Ditas axudas, que sí recibiron os centros comerciais abertos, reportarían a ábaco o 70 %  do capital investido e  van condicionar a campaña de Nadal Guardesa. Entre outros puntos a tratar da actualidade comercial do Baixo Miño, falouse da banda de roubos que están a acontecer en toda a comarca, con especial incidencia na vila guardesa, para buscar solucións ó respecto. Outro dos puntos da orde do día e, se cabe, o de máis importancia para o futuro próximo desta Asociación de Comerciantes, foi o anunciado  cese da actual Xunta Directiva, comprometida con este colectivo por dous anos. Pasados xa dous anos e medio deste mandato, e despois de telo anunciado na asamblea celebrada a mediados de ano, a mesma fai oficial o seu cese, deixando aberto o prazo de novas convocatorias á presidencia. Ata a designación da nova Directiva, levarán a cabo as súas funcións, de forma temporal e segundo dispoñen os Estatutos, o seu Presidente (Ángel Baz), un Tesoureiro (Francisco Martinez) e un Secretario, cargo que ocupa José Ángel Gándara  Facendo un breve percorrido pola traxectoria de ábaco, o seu Presidente xa en funcións, Ángel Baz, quixo deixar constancia de que “grazas ó notorio esforzo posto por todos aqueles que, de unha ou doutra maneira, participamos neste proxecto, deixamos un traballo que se traduce en campañas innovadoras que revolucionaron a dinamización comercial local.  Con todo, non é como para sacar peito, se avaliamos as axudas que dende a Xunta, Deputación e outros estamentos se investiron no asociacionismo comercial guardés nestes últimos dez anos. Cifras que falan de máis de 1.000.000 € destinados á profesionalización das asociacións e á dinamización comercial. Unhas axudas que, pasados dez anos, non  se traducen nese máis que anhelado ambiente comercial urbano que podemos apreciar se nos desprazarnos ata a veciña vila portuguesa de Valença do Minho, cun notorio matiz de urbe comercial, tamén chamado CCA”. Por último, e para rematar, Baz animou ós presentes a traballar sen descanso na procura deste obxectivo, conformando unha nova Xunta Directiva que garanta a saúde da Asociación.

EL PP DENUNCIA QUE LAPOLÍTICA ERRÁTICA DE SUBVENCIONAR VUELOS ESTÁ AHUYENTANDO A LAS COMPAÑÍASTRADICIONALES DE PEINADOR

   Audio Peinador

 «Caballerono ha hecho ni una gestión con Air France o Air Europa, se ha marchado delcomité  gallego de rutas, y ahora culpa aotros de las  consecuencias de suserrores de liderazgo en Peinador»

·       «Nosolo no hay nuevas rutas para Vigo, sino que Peinador comienza a perder algunasde las que ya había»

A XUNTA TRANSMITE DIRECTAMENTE Á ADMINISTRACIÓN CONCURSAL DE CLESA O SEU FIRME APOIO Á OFERTA DE FEIRACO

Na reunión mantida hoxe en Madrid, entre administradores concursais de Clesa, representantes de Feiraco e Xunta de Galicia, o Goberno galego defendeu a proposta que garante a continuidade da planta de Caldas

§ No encontro traballáronse aspectos técnicos da oferta e achegáronse  posturas a prol do proxecto encabezado pola cooperativa

§ O director do Igape mostrou a preocupación da Xunta polo persoal da planta e polos prazos e conseguiu o compromiso dunha rápida resolución

Traballadores/as do naval informan os vigueses/as da repercusión que tería a desaparición do sector na economía da comarca

 Centos de afectados/as realizaron unha concentración de protesta diante do mercado do Calvario e repartiron folletos entre os viandantes

 VIGO/27-12-11

Os traballadores/as do naval da Ría de Vigo realizaron hoxe unha nova acción en defensa do sector. Convocados pola CIG, permaneceron durante dúas horas concentrados diante do mercado do Calvario e repartiron información entre os viandantes explicando as graves repercusións que tería para a economía da comarca a desaparición dunha industria que empregou historicamente a milleiros de persoas. Leer más…

Comunicado Concelleiro de Mobilidade, Transporte e seguridade de Vigo

 Vigo, 27 de decembro de 2011.– Ante as informacións recollidas nesta mañá por algún medio de comunicación nas que se asegura que o Concello proporá ao Consello Sectorial de Transporte unha suba do billete ordinario de Vitrasa ata os 1,25 euros o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Carlos López Font, quere informar que o Concello elevará ao Consello unha tarifa distinta á que se está trasladando. Ao igual que sucedeu o pasado ano, a proposta realizada polos técnicos do Concello non será a que o concelleiro proporá mañá ao Consello Sectorial de Transporte.

Carlos López Font

Concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade

PORTONOVO PARTICIPA NUN PROXECTO PILOTO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PARA IMPULSAR A MODERNIZACIÓN DAS PRAZAS DE ABASTOS

Un tótem multimedia ofrece información no mercado desta localidade sobre os produtos que están á venda e receitas e menús saudables para elaborar con eles, así como información turística do Concello
Nesta iniciativa, que ten entre os seus obxectivos atraer á xente máis nova ás prazas, participan tamén O Grove, O Porriño, Bueu e Caldas de Reis.

MATO SUBLIÑA QUE A CLASIFICAC​IÓN DOS DEMANDANTE​S DE EMPREGO PERMITIRÁ UNHA MELLOR INTERMEDIA​CIÓN

  •  Mato indicou que o obxectivo da clasificación de demandantes de emprego é o  de acadar un maior coñecemento destes co fin de mellorar a media de intermediación
  • Esta iniciativa enmárcase dentro do proceso de modernización do Servizo Público de Emprego
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, visitaron hoxe o centro de apoio ao empregador da Gota de Leche en Vigo
  • As instalacións viguesas contan cun área para apoiar e asesorar a autónomos, emprendedores e empresas e con outra cedida para as accións formativas do Clúster de Automoción Leer más…

A CONELLERÍA DO MAR CONVOCA 20 NOVOS PERMISOS DE EXPLOTACIÓ​N DE MARISQUEO A PÉ PARA A CONFRARÍA DE ARCADE

Santiago, 27 de decembro de 2011.- A Consellería do Mar convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé para a confraría de pescadores de Arcade. Estas novas incorporacións son unha mostra máis da aposta da Consellería do Mar pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto de crise económica actual. Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no decreto 425/1993, do 17 de decembro e na Orde do 15 de xullo de 2011 que regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir de hoxe. As solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Denuncian la filtración de la Comisión de Investigac​ión en el accidente de Vilagarcía

Al Juzgado de Guardia de A Coruña

Miguel Ángel Delgado González, Director de Xornal Galicia, con DNI 32.413.124-y Domicilio a efectos de notificaciones en, C/ Juan Castro Mosquera, 28 2º Dcha. 15.005 A Coruña, correo electrónico (e-mail) prensa@xornalgalicia.com en su propio nombre y derecho, pero también en representación de los medios de comunicación www.xornalgalicia.com y www.xornalgalicia.es EXPONEN y DENUNCIAN:

1º Leemos en Internet http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/12/27/0003_201112G27P36991.htm

 SUCESO EN AROUSA La tragedia del patrón muerto en Vilagarcía sucedió en 8 minutos

La tripulación del mercante oyó un golpe a proa y vio zozobrar la lancha

Autor:

serxio gonzález

Localidad:

vilagarcía / la voz

Fecha de publicación: Leer más…