Nueva Directiva Ábaco de la Guardia

O pasado mércores, 14 de decembro, ábaco celebraba a súa Asamblea Xeral Ordinaria para dar contas ós seus asociados das actividades, realizadas ou en curso, do exercicio 2011. Así mesmo, informábaselles do estado de contas, que se cerra coa totalidade das actuacións pagadas e saldo  favorable, a pesares de estar, a estas alturas do ano, pendentes de recibir as axudas por parte da Dirección Xeral de Comercio. Ditas axudas, que sí recibiron os centros comerciais abertos, reportarían a ábaco o 70 %  do capital investido e  van condicionar a campaña de Nadal Guardesa. Entre outros puntos a tratar da actualidade comercial do Baixo Miño, falouse da banda de roubos que están a acontecer en toda a comarca, con especial incidencia na vila guardesa, para buscar solucións ó respecto. Outro dos puntos da orde do día e, se cabe, o de máis importancia para o futuro próximo desta Asociación de Comerciantes, foi o anunciado  cese da actual Xunta Directiva, comprometida con este colectivo por dous anos. Pasados xa dous anos e medio deste mandato, e despois de telo anunciado na asamblea celebrada a mediados de ano, a mesma fai oficial o seu cese, deixando aberto o prazo de novas convocatorias á presidencia. Ata a designación da nova Directiva, levarán a cabo as súas funcións, de forma temporal e segundo dispoñen os Estatutos, o seu Presidente (Ángel Baz), un Tesoureiro (Francisco Martinez) e un Secretario, cargo que ocupa José Ángel Gándara  Facendo un breve percorrido pola traxectoria de ábaco, o seu Presidente xa en funcións, Ángel Baz, quixo deixar constancia de que “grazas ó notorio esforzo posto por todos aqueles que, de unha ou doutra maneira, participamos neste proxecto, deixamos un traballo que se traduce en campañas innovadoras que revolucionaron a dinamización comercial local.  Con todo, non é como para sacar peito, se avaliamos as axudas que dende a Xunta, Deputación e outros estamentos se investiron no asociacionismo comercial guardés nestes últimos dez anos. Cifras que falan de máis de 1.000.000 € destinados á profesionalización das asociacións e á dinamización comercial. Unhas axudas que, pasados dez anos, non  se traducen nese máis que anhelado ambiente comercial urbano que podemos apreciar se nos desprazarnos ata a veciña vila portuguesa de Valença do Minho, cun notorio matiz de urbe comercial, tamén chamado CCA”. Por último, e para rematar, Baz animou ós presentes a traballar sen descanso na procura deste obxectivo, conformando unha nova Xunta Directiva que garanta a saúde da Asociación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: