A CONELLERÍA DO MAR CONVOCA 20 NOVOS PERMISOS DE EXPLOTACIÓ​N DE MARISQUEO A PÉ PARA A CONFRARÍA DE ARCADE

Santiago, 27 de decembro de 2011.- A Consellería do Mar convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé para a confraría de pescadores de Arcade. Estas novas incorporacións son unha mostra máis da aposta da Consellería do Mar pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto de crise económica actual. Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no decreto 425/1993, do 17 de decembro e na Orde do 15 de xullo de 2011 que regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir de hoxe. As solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: