MATO SUBLIÑA QUE A CLASIFICAC​IÓN DOS DEMANDANTE​S DE EMPREGO PERMITIRÁ UNHA MELLOR INTERMEDIA​CIÓN

  •  Mato indicou que o obxectivo da clasificación de demandantes de emprego é o  de acadar un maior coñecemento destes co fin de mellorar a media de intermediación
  • Esta iniciativa enmárcase dentro do proceso de modernización do Servizo Público de Emprego
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, visitaron hoxe o centro de apoio ao empregador da Gota de Leche en Vigo
  • As instalacións viguesas contan cun área para apoiar e asesorar a autónomos, emprendedores e empresas e con outra cedida para as accións formativas do Clúster de Automoción

 Vigo, 27 de decembro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de rematar a clasificación das persoas desempregadas, unha iniciativa coa que busca mellorar os índices de intermediación entre os empregadores e as persoas demandantes de emprego. Así o explicou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a inauguración do centro de apoio ao empregador de Vigo, acto no que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares. Esta clasificación está enmarcada dentro do programa de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) acordado na mesa de diálogo social. Desde a posta en marcha desta acción de clasificación téñense analizado e clasificado máis de 400.000 demandantes de emprego (hai que lembrar que estamos a falar de histórico, non do número actual de persoas demandantes que hai na actualidade, posto que estas entran e saen do sistema). Mato aclarou que o obxectivo da clasificación das persoas demandantes é ter un maior coñecemento da persoa que se atopa en busca dun novo emprego co fin de incrementar os índices de mediación do servizo público de emprego. Para iso, tense revisado toda a base de datos do SPEG actualizando cada perfil profesional segundo a súa tipoloxía, detallando os datos profesionais e formativos da persoa así como a súa dispoñibilidade. Tanto para o indicador de empregabilidade como para o de dispoñibilidade, existen cinco niveis: moi baixa, baixa, media, alta e moi alta. No caso da empregabilidade tívose en conta, e terase desde agora, a formación específica en relación á ocupación da persoa demandante, os resultados da súa presentación a ofertas de emprego e a formación para o emprego recibida; e, no caso da dispoñibilidade, se pondera o seu interese en atopar emprego e a posibilidade de acceder ao mesmo en función das súas circunstancias ou limitacións persoais. A aplicación deste procedemento alcanza a todas as actividades realizadas polo persoal técnico de clasificación nas oficinas de emprego, tendentes por un lado a comprobar a empregabilidade e, por outro, a determinar a dispoñibilidade das persoas demandantes de emprego. A titular de Traballo explicou que nestes momentos dito procedemento está rematado cun total de 421.315 demandantes clasificados, datos que superan os obxectivos establecidos no Diálogo Social, se ben cómpre lembrar que existe unha porcentaxe non significativa de demandantes que se atopan en proceso de clasificación debido ás continuas entradas e saídas do sistema. Para levar a cabo esta tarefa, o espazo de clasificación emprázase nun lugar reservado da oficina, no que as persoas demandantes poidan sentirse libres para comentar co persoal técnico os aspectos necesarios para completar a súa clasificación. Este espazo está fora das zonas de tránsito da oficina e só acceden as persoas demandantes a clasificar.

 Apoio e asesoramento ao empregador

Mato indicou que dentro deste proceso de modernización do SPEG, dotado con 52 millóns de euros, na lexislatura ábrese o centro de apoio ao empregador de Vigo, o segundo aberto en Galicia despois do da Coruña, que pretende converterse nun punto de apoio esencial aos empresarios e emprendedores de Galicia. Na súa intervención, a titular de Traballo amosou o seu apoio aos emprendedores, autónomos e empresarios nestes momentos de crise, e salientou que este centro de apoio ao empregador “está pensado precisamente para prestarlles todo o asesoramento que precisen”, tanto nos trámites de contratación, por exemplo, na información sobre incentivos, e na orientación técnica desde a posta en marcha inicial dun proxecto ata unha futura ampliación da súa liña de negocio. Nestas instalacións, ofrécese apoio, asesoramento e acompañamento de ofertas de emprego; apoio nos procesos de selección, identificando candidatos e realizando as entrevistas previas aos mesmos; posta a disposición dos usuarios despachos e aulas de formación equipadas. Así mesmo, existe unha liña informativa en materia de tipos de contratos e incentivos á contratación, cualificacións, formación continua e sobre plans de fomento da igualdade de oportunidades no acceso emprego, entre outras materias. Tamén contará con puntos de renovación da demanda e outros que poidan prestarse a través das novas tecnoloxías Ademais, este centro ten unha área cedida para as accións formativas especializadas que desenvolve o Clúster da Automoción.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: