Traballadores/as do naval informan os vigueses/as da repercusión que tería a desaparición do sector na economía da comarca

 Centos de afectados/as realizaron unha concentración de protesta diante do mercado do Calvario e repartiron folletos entre os viandantes

 VIGO/27-12-11

Os traballadores/as do naval da Ría de Vigo realizaron hoxe unha nova acción en defensa do sector. Convocados pola CIG, permaneceron durante dúas horas concentrados diante do mercado do Calvario e repartiron información entre os viandantes explicando as graves repercusións que tería para a economía da comarca a desaparición dunha industria que empregou historicamente a milleiros de persoas. A protesta desenvolveuse entre as 10.30 e as 12.30 horas no paseo do Calvario, fronte ao mercado. Nese tempo, varios centos de traballadores/as despregaron distintas faixas apelando á defensa do sector e berraron consignas como “Con estes caciques o naval vai a pique” ou “PP, escoita, o naval está en loita”. Ao mesmo tempo realizaron un reparto de folletos informativos entre as numerosas persoas que a esas horas realizaban as compras do día. No texto pregúntanse que será de Vigo sen o naval e lémbranlle aos veciñas e veciñas da comarca que o sector non está en crise, que non está parado porque non haxa barcos que facer. “O sector naval vigués está paralizado porque o Goberno español, antes do PSOE e agora do PP, non quere solucionar un problema fácil de resolver coa aprobación dunha lei que modifique o imposto de sociedades”, explican. Isto permitiría establecer un novo sistema para incentivos na construción de barcos. Lembran que isto foi precisamente o que fixo o Estado francés cando a Unión Europea suspendeu o seu sistema de contratación. “Por que o noso sector se atopa así e máis de 10.000 traballadores/as non teñen emprego?”. Neste senso, advirten que no case de que non se solucione este problema de xeito urxente “será demasiado tarde para recuperar un sector vital para a nosa economía”. Nos últimos meses -indican- pecharon empresas como Montajes Coper, Cerdeira, Polytem, Montasa, Monaga, Monesa, Vinacal, Inelvigo, Contsa, Mintucal, Global, Montajes Sampedro e Montajes Tirán. Mentres que en compañías como Tranasa, Monavi, Islas, Gonsusa, Navaliber, e moitas máis, tiveron lugar extincións de contratos. Diante disto, reiteran as nefastas consecuencias que tería para a economía da comarca a desaparición do sector. “A perda de 10.000 empregos directos afectará tamén ao comercio, á hostalaría, ao transporte, a todos e todas nós”. Finalmente, lanzan unha pregunta a modo de advertencia: “Que futuro de emprego terán as vindeiras xeracións?”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: