A XUNTA RECIBE DO CONCELLO DE PONTEAREAS O PLAN XERAL PARA APROBACIÓN INICIAL

  • Agustín Hernández, acompañado pola secretaría xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, recibiu esta mañá ao rexedor municipal que presentou o Plan Xeral de Ordenación Municipal na Xunta
  • Agora a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo disporá de dous meses para analizar a documentación trasladada polo concello, para emitir informe previo a aprobación inicial

Santiago, 28 de decembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, recibiu esta mañá ao alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, quen presentou no Rexistro da Xunta o documento de Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste encontro, o conselleiro de Medio Ambiente trasladoulle a absoluta e total colaboración dos responsables e técnicos da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para que Ponteareas poida sumarse aos 20 concellos galegos que acadaron a aprobación ao seu planeamento no que vai de lexislatura.

Dende o Goberno galego ofrecerase a máxima colaboración da Administración para que a aprobación do Plan Xeral sexa unha realidade no menor prazo posible.

A partir de hoxe, e durante dous meses, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e os técnicos do seu departamento analizarán os documentos que conforman o plan xeral de Ponteareas, para poder emitir informe previo a aprobación inicial.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: