MARCO: novo horario + reinicio obradoiros infantís – Vigo

 NOVOS HORARIOS

 Martes a sábados       (festivos incluídos),

de       11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos,       de 11.00 a 14.3 

Pechado       os luns  .-A partir do martes 3 de xaneiro, coincidindo co inicio de 2012, o MARCO de Vigo modifica os seus horarios de apertura ao público. O cambio máis importante consiste en que as salas de exposición pecharán a mediodía, entre as 14.30 e as 17.00, de martes a sábados (festivos incluídos). O domingo continuarán abertas ao público en horario de mañá ata as 14.30, e o luns seguirá sendo o día de peche, como ata agora.

Este cambio afecta tamén á apertura da Biblioteca-Centro de documentación no seu horario de tarde, que pasa a ser de 17.00 a 21.00 (en lugar de 16.00 a 20.00).

 A partir do sábado 14 de xaneiro

Reanúdanse os obradoiros infantís de fin de semana

DESTINATARIOS

Nenos/as a       partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas

DATAS

A partir do 14 de xaneiro de       2012

LUGAR

Laboratorio das Artes (1º andar)

HORARIO

Sábados e domingos de 12.00 a 14.00

PREZO

·                3 € por neno/a

·                Adultos acompañantes: entrada gratuíta

·                Amigos do MARCO: entrada gratuíta (máximo 2 nenos por       adulto)

·                Posibilidade de grupos concertados mediante cita previa      

No que respecta ao programa educativo, a partir do sábado 14 de xaneiro de 2012 reanúdanse no MARCO os obradoiros infantís de fin de semana. Nesta nova tempada os obradoiros terán unha tarifa de 3 euros por neno/a, con descontos especiais ou entrada gratuíta para grupos e para membros da Agrupación de Amigos do MARCO. Como é habitual, durante as dúas horas que dura o obradoiro os adultos poden quedar no Laboratorio das Artes ou deixar aos nenos ao coidado dos educadores.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: