PRETO DE 28.000 DESEMPREGA​DOS OBTIVERON NOS ÚLTIMOS DOUS ANOS UNHA FORMACIÓN CERTIFICAD​A

  • A Consellería de Traballo e Benestar desenvolveu desde o inicio da lexislatura preto de 4.000 cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, nos cales 27.705 alumnos acadaron unha formación certificada
  • Ademais, máis de 800 persoas ocupadas alcanzaron este ano unha acreditación, a través do recoñecemento da experiencia laboral, de atención sociosanitaria para persoas maiores ou dependentes
  • Esta formación acreditable permite aos alumnos dispoñer dun certificado con carácter oficial e validez estatal

Santiago, 28 de decembro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar realizou un total de 4.000 cursos de formación para persoas desempregadas, nos cales 27.705 alumnos acadaron unha formación certificada. Só neste ano 2011 preto de 10.000 alumnos obtiveron unha formación acreditable, do total de 23.000 persoas que recibiron formación.

A formación acreditable permite aos alumnos dispoñer dun certificado con carácter oficial e validez estatal, que, ao mesmo tempo, ten efectos académicos no eido do sistema educativo e profesionais recoñecidos na lexislación vixente. Así o explicou esta mañá a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz López, en resposta a unha pregunta parlamentaria.

Ademais, a departamento que dirixe Beatriz Mato ten acreditado este ano a 840 persoas, a través do recoñecemento da experiencia laboral, en materia de atención sociosanitaria. Nesta mesma liña xa se teñen convocado outras 2.450 prazas que serán acreditadas o vindeiro ano 2012, posto que a Lei da dependencia (Lei 39/2006 de 14 de decembro) establece prazos concretos, entre 2012 e 2015, para que todas as persoas que traballen como persoal auxiliar, a domicilio ou en residencias ou institucións sociais, deben posuír unha determinada formación ou unha acreditación oficial da súa competencia profesional.

Formación axustada ao mercado

A directora xeral apuntou que Traballo e Benestar busca deste xeito ofertar unha formación axustada ás necesidades do mercado laboral e ás esixencias de competitividade das empresas. Así, a Xunta está a facer unha importante aposta por unha formación para o emprego cos máximos niveis de calidade e excelencia.

Diálogo Social

Ademais, a aposta pola formación certificable é unha iniciativa conxunta do Goberno Autonómico, os sindicatos CCOO e UGT, e a CEG, é así foi ratificada na mesa do diálogo social o 30 de xullo do 2010.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: