Noticias Ayuntamiento de Vigo 20-12-11


O alcalde anuncia a adxudicación definitiva de humanizacións por valor de 15,5 millóns

A Xunta de Goberno Local validou, entre este venres e onte xoves, a adxudicación definitiva das obras de humanización de Doutor Marañón, Pintor Colmeiro, Menéndez Pelayo, Brasil, as segundas fases de Ramón Nieto, Aragón e Martínez Garrido, Nicaragua e un treito da Avenida Castelao por valor total de 15,5 millóns. O goberno tamén deu luz verde á reforma interior da escola infantil de Mestres Goldar, que terá 100 prazas.

 


Caballero sinala que a nova instalación fotovoltaica xera o 5% da enerxía que consume o Parque Central de Servizos

O alcalde visitou este venres o parque central de Lavadores, onde o Concello dispuxo unha instalación fotovoltaica que xera enerxía eléctrica limpa equivalente ao 5% do consumo do centro, cunha producción de 21,9 megavatios por hora. Este “elemento de aforro enerxético moi importante” súmase ás placas térmicas habilitadas no teito do mesmo, que proporcionan o 40% da calefacción empregada polo Parque.

 


O goberno local sufraga a construción da Escola de Música de Valladares con 150.000 euros

O convenio rubricado este venres polo alcalde de Vigo e o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares permitirá ao colectivo erixir a Escola de Música do barrio, sufragada ao 100% polo Concello de Vigo. Os veciños elaboran o proxecto e constrúen o edificio con financiamento municipal, nun “magnífico sistema de cooperación” que procura “aproveitar a calidade docente e musical da Unión Musical de Valadares”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: