GALICIA É PIONEIRA EN MATERIA DE REHABILITA​CIÓN CON MÁIS 10.000 ACTUACIÓNS QUE SE TRADUCEN NUN INVESTIMEN​TO INDUCIDO DE PRETO DE 200 MILLÓNS DE EUROS

  • §  Dende a Consellería de Medio Ambiente sinalase que a importancia deste investimento radica no orzamento que mobiliza estas actuacións, que supera os 500 millóns de euros dende a creación das primeiras ARIs
  • Esta política de actuación non só axuda a mobilizar o sector económico da vivenda, senón que tamén aposta polo desenvolvemento sostible dos núcleos e o coidado paisaxístico do territorio
  • En virtude dos convenios vixentes, no reparto por provincias, destaca a da Coruña con case 1.500 obxectivos que implican un investimento directo de máis de 18 millóns de euros
  • A Xunta destaca que as cifras avalan esta liña de actuación do Goberno galego, dende a declaracións das ARIs ata o 2007, executáronse máis de 7.000 actuacións que implicaron máis de 56 millóns de euros, o que se traduce nun investimento inducido de 280 millóns de euros

 Santiago, 2 de xaneiro de 2012.- Galicia é a comunidade autónoma pioneira en materia de rehabilitación e recuperación con máis de 10.600 actuacións proxectadas dende o ano 1996 nas 51 áreas de rehabilitación integral declaradas en Galicia, que se traducen nun investimento inducido de preto de 200 millóns de euros.

Dende a Consellería de Medio Ambiente sinalase a importancia desta política de actuación, que non so permite mellorar de forma substancial as condicións de vida dun importante número de familias galegas senón que facilita a permanencia da poboación residente en zonas, como os cascos históricos das cidades, que doutra maneira se podería ver despoboados en favor doutras zonas residencias.

Galicia conta na actualidade con 51 áreas de rehabilitación en espazos urbanos, emprazadas nun total de 35 concellos, ademais da área de rehabilitación do Camiño de Santiago, que afecta a un total de 108 concellos galegos xa que comprende as sete rutas do Camiño ao longo de Galicia.

O departamento que dirixe Agustín Hernández subliña que liña de actuación non só son importantes pola mobilización do sector da vivenda, senón que tamén apostan polo desenvolvemento sostible dos núcleos e o dos concellos de Galicia.

Convenios en vigor

Os convenios en vigor, en execución na actualidade, con máis de 3.500 obxectivos que contan con investimentos públicos que superan os 45 millóns de euros, ao amparo do desenvolvemento do Plan de Vivenda establecen tres tipos de áreas de rehabilitación:

– Áreas de rehabilitación, situadas en zonas urbanas pero fóra dos cascos históricos

– Áreas de rehabilitación en conxuntos históricos, que son a meirande parte das galegas.

– Áreas de rehabilitación en núcleos rurais.

Os propietarios de edificios e vivendas emprazados nas áreas de rehabilitación, cunha antigüidade superior a 10 anos e destinados a residencia habitual e permanente do propietario ou ao alugueiro, poden acceder a axudas de ata 11.600 por actuación no caso de áreas emprazadas en conxuntos históricos ou núcleos rurais e 10.000 euros no resto de áreas de rehabilitación.

Nos casos de áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos, as axudas da área serán compatibles con outras axudas de rehabilitación en conxuntos históricos que financia en exclusiva a Xunta de Galicia. O mesmo sucederá coas áreas de rehabilitación en núcleos rurais, cuxas axudas serán compatibles coas de rehabilitación rural. Sumadas as axudas da área de rehabilitación e de conxuntos históricos ou núcleos rurais poden acadar como máximo o 75 do orzamento.

Reparto por provincias

Analizando os datos por provincias dos convenios actualmente en execución, a da Coruña está á cabeza das provincias galegas en número de obxectivos cun total de 1.468 e que se traducen nun investimento de máis de 18 millóns de euros. Nesta provincia estase a actuar nos concellos de Corcubión, Mugardos, Muros, Noia, Padrón, así como nas cidades da Coruña (casco histórico, Sagrada Familia, vivendas de Santa Cristina, O Birloque, Os Mariñeiros); Ferrol (no barrio da Graña e do casco histórico Magdalena e Ferrol Vello) e Santiago (Pontepedriña, casco histórico e Vista Alegre). Na cidade da Coruña tamén se actuou nas áreas de Nosa Señora do Carmen e a rúa Fernández La Torre

 Na segunda posición sitúase a provincia de Lugo na que se rexistrará ata o vindeiro ano un investimento inducido de case 55 millóns de euros, co desenvolvemento de 845 obxectivos en materia de rehabilitación, subvencionados pola Administración con case 11 millóns de euros. As zonas nas que se están a traballar son Lugo (Sagrado Corazón e casco histórico), Monforte de Lemos, Chantada, Lourenzá, Mondoñedo, Quiroga, Ribadeo (casco histórico e núcleo de Rinlo), Sarria, Vilalba e Viveiro.

 A Xunta consignou á provincia de Pontevedra un importe máximo de axudas para os convenios en vigor de 9,5 millóns de euros para a rehabilitación de 729 obxectivos, o que a converte na terceira provincia en número de obxectivos. Os concellos nos que se están a executar actuacións son os de Vigo (Casco vello e casco histórico de Bouzas), Cambados, Cangas do Morrazo, Poio (núcleo de Combarro), Pontevedra (Estribela), Tui e Vilagarcía de Arousa (Casco Vello, núcleo de Carril e de Vilaxoán), que se traduce nun investimento inducido de 47,5 millóns de euros.

Por último, na provincia de Ourense os convenios estipulan máis de 450 466 actuacións que implican un investimento público de máis de 6 millóns de euros, que en termos de capital inducido é de máis de 30 millóns de euros. Os concellos nos que se están a executar estas actuacións son Allariz, Castro Caldelas, Celanova, Ourense (casco histórico, Polvorín, Camelias e Carballeira, Seixalbo), Ribadavia (casco histórico e San Cristovo) e Verín. No seguinte cadro resúmense as actuacións e os investimentos por provincia:

Provincia Convenios en vigor Investimento
A Coruña 1468 18.274.188
Lugo 845 10.948.627
Ourense 466 6.316.280
Pontevedra 729 9581.170
Total 3.508 45.120.265

Axudas para a urbanización para os concellos

Doutra banda, os concellos poderán acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización e reurbanización no ámbito das áreas de rehabilitación.

Nas áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos e núcleos rurais esta subvención pode acadar o 60 por cento do presuposto das obras, sempre que o importe da subvención para urbanización e reurbanización non supere o 60 por cento do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.

Nas restantes áreas de rehabilitación o importe das subvencións será como máximo do 40 por cento, sempre que o importe da subvención para urbanización e reurbanización non supere o 40 por cento do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.

Importe máximo da subvención (% do orzamento das obras)
  Xunta de Galicia Ministerio de Fomento
Áreas de rehabilitación 20 20
Áreas de rehabilitación en conxuntos históricos 20 30
Áreas de rehabilitación en núcleos rurais 20 30

 

Convenios rematados

Dende a Xunta de Galicia destaca que as cifras dos convenios xa rematados, asinados ata 2007 dende a data de creación de cada área de rehabilitación tamén avalan esta liña de actuación do Goberno galego, xa que se executaron máis de 7.000 actuacións que implicaron máis de 56 millóns de euros en axudas públicas, o que se traduce nun investimento inducido de 280 millóns de euros. No cadro seguinte detállanse as cifras:

Provincia Convenios rematados Investimento
A Coruña 3046 27.312.574
Lugo 1539 12.636.996
Ourense 1440 9.030.082
Pontevedra 1115 7.538.572
Total 7140 56.518.224

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: