Noticias Ayuntamiento de vigo 02-01-12


O alcalde cifrou en 120.000 euros a humanización do entorno da Travesía de Vigo e anuncia máis melloras para 2012

Abel Caballero realizou a súa primeira visita do novo ano aos traballos de humanización do entorno da Travesía de Vigo 160, do caleixón do número 164 e da rúa Rosario Hernández Diéguez “A Calesa”, cun importe total próximo aos 120.000 euros. O rexedor apuntou que “plantexamos continuar coas humanizacións” no 2012 porque “o que sigo recibindo dos cidadáns son demandas de humanización”.

 


Caballero felicitou ao Tao polo seu dobrete no Nacional de taekwondo e o club fará exhibicións na cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe aos medallistas do Ximnasio Tao para felicitarlles polos éxitos colleitados hai uns días no Campionato de España de taekwondo, en Logroño, onde o equipo A rematou ouro e o B foi prata en exhibición, o que nunca sucedera.

 


Novos horarios de apertura no MARCO

A partir do martes 3 de xaneiro, coincidindo co inicio de 2012, o MARCO de Vigo modifica os seus horarios de apertura ao público. O cambio máis importante consiste en que as salas de exposición pecharán a mediodía, entre as 14.30 e as 17.00, de martes a sábados (festivos incluídos). O domingo continuarán abertas ao público en horario de mañá ata as 14.30, e o luns seguirá sendo o día de peche, como ata agora. Este cambio afecta tamén á apertura da Biblioteca-Centro de documentación no seu horario de tarde, que pasa a ser de 17.00 a 21.00 (en lugar de 16.00 a 20.00).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: