SALCEDA PECHA O 2011 CON DEPORTE E AMBIENTE FESTIVO

O Concello de Salceda de Caselas, coa organización da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes, puso en marcha a primeira carreira San Silvestre.

A carreira discurriu por todo o centro urbán da Vila e nesta primeira edicción os participantes correron 2700 metros.

O ambiente foi moi festivo, con moitos dos corredores disfrazados, e o abanico de idade estivo entre 1 e 70 anos, idade esta última que superaron varios dos participantes.  Entre os concurrentes na proba tamén se atopaban corredores profesionais de Salceda e dos concellos limítrofes.

No remate da carreira todos tiveron bocadillo, auga e chocolate. Fíxose mención especial o senior feminino e masculino e tamén o máis cativo feminino e masculino.

Marina Cabaleiro, resalta que “pretende ser un evento a consolidar en futuras edicións, xa que a participación desta superou as 500 persoas, entre os 430 inscritos e os que se animaron a última hora”.

Destacar a participación na proba de moitos membros da corporación municipal, o Alcalde, a Tenente Alcalde e varios concelleiros.

Unha maneira festiva e deportiva para dar remate a este ano 2011.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: