TRABALLO INTENSIFICARÁ O CONTROL E SEGUIMENTO DOS EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO

  • A Comisión Consultiva Galega da Inspección de Traballo, de composición tripartita -formada pola Administración xuntamente co sindicatos CC.OO, UGT e CIG, e a CEG- vén de aprobar os obxectivos para 2012 da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia
  • A prevención, as relacións laborais, a seguridade social, e o control da economía irregular márcanse como principais obxectivos da Inspección de Traballo para o próximo exercicio
  • Impulsarse unha campaña para intensificar o control do cumprimento rigoroso das condicións e medidas aprobadas nun Expediente de Regulación de Emprego (ERE), especialmente nos de suspensión e redución de xornada

Santiago, 2 de xaneiro de 2012.- A Inspección de Traballo intensificará os controis e o seguimento sobre o cumprimento rigoroso das medidas contempladas nos expedientes de regulación de emprego. Así se acordou na Comisión Consultiva Galega de Inspección de Traballo onde se avogou por prestar unha especial atención por vixiar que se cumpran as condicións acordadas nos ERE, especialmente nos de suspensión e de redución de xornada.

Esta medida intégrase na programación da Inspección de Traballo para o ano 2012 onde se establece o plan de actuación dividido nas seguintes áreas: prevención de riscos, emprego e relacións laborais, seguridade social, economía irregular e traballo de estranxeiros. 

En prevención de riscos laborais continuarase a dar un carácter prioritario á actuación inspectora nesta materia, dirixida a ofrecer unha resposta eficaz coa finalidade dunha redución das cifras de sinistralidade  en e dar cumprimento á demanda social existente neste campo.

Na área de actuación de Emprego e Relacións Laborais, a elevada taxa de temporalidade na contratación, carente de causalidade que a xustifique, con frecuentes encadeamentos de contratos de traballo e as recentes modificacións da normativa nesta materia, obriga a manter este obxectivo.

Complementariamente a este punto faise necesario establecer planificacións específicas para vixiar a subcontratación na construción e a cesión ilegal de traballadores.

Establécese ademais  unha liña de traballo para iniciar actuacións que velen pola integración laboral de discapacitados co obxecto de que se contrate a porcentaxe legal prevista do 3 por cento.

Nesta área, tamén están as actuacións relativas ás condicións do traballo, tales como a xornada laboral,  horas extraordinarias e descansos, discriminación por razóns distintas de xénero (como as salariais ou de lingua, por exemplo), e o cumprimento da igualdade efectiva de mulleres e homes.

Na área de economía irregular a loita contra o emprego sumerxido ou irregular, contémplanse actuacións que fundamentalmente van encamiñadas a detectar faltas de alta en Seguridade Social, traballos de perceptores de prestacións incompatibles e o emprego irregular de estranxeiros.

É neste apartado, e á petición da autoridade laboral da Comunidade Autónoma, no que se establece a realización dunha campaña durante todo o ano para o seguimento e control do estrito cumprimento das condicións e medidas de aprobación dos Expedientes de Regulación de Emprego, principalmente en aqueles que contemplan a suspensión de actividade ou a redución de xornada co fin de detectar, de ser o caso, posibles prácticas fraudulentas no cumprimento do acordado nalgunha das modalidades dos ERE.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: