Cogave informa de temas sobre a sanidade e ITV.

 

A COGAVE ESTIVO EN SANTIAGO NA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

O xoves día 21 de Decembro de 2011 a Cogave estivo una vez mais nas rúas de Santiago e no Parlamento de Galicia, defendendo unha Sanidade Pública universal e de balde, para todas as galegas e galegos, sistema este que esta en perigo por mor dos recortes que está a anunciar o Goberno de Galicia, e que, en propias palabras do Presidente, “non se pode consentir que por que unha persoa chegue aos 65 anos non pague nada pola Sanidade Pública, nin polas receitas”.

Como a Cogave defende os intereses dos veciños de Galicia, independentemente da relixión, cor político, ou estamento social, dos mesmos, neste caso está a defender a Sanidade Pública, que co Ensino son dous dos mais importantes alicerces do Estado de Benestar, e tamén os alicerces máis importantes da Democracia.

Neste senso, a Confederación Galega de Federacións Veciñais “Rosalía de Castro”, esta xa dende hai tempo, defendendo a Sanidade Pública, e integrada no movemento Galego reivindicativo da Sanidade Pública, a través da Plataforma “SOS. Sanidade Pública de Galicia”, na que converxen unha serie de colectivos que abranguen todo Galicia, tanto veciñais, sindicais, profesionais da Sanidade e sen lugar a dubidas unha gran maioría de usuarios, que cos recortes que anuncia o goberno de Galicia, terán que deixarse morrer nas súas casas, por que ao prezo o que se está pondo a Sanidade Pública, os mais necesitados non terán outra solución. Por todo elo a COGAVE está en contra do pago de calquera servizo prestado ás persoas que se atopen hospitalizadas, por asistencia médica, por receitas, ou calquera servizo recibido dende a Sanidade Pública, sempre estaremos en contra, e seguiremos loitando onde faga falla, na defensa dos veciños de Galicia, en todos e cada un dos campos no que se intente atropelalos. Para todo tipo de comentario, aclaración ou dúbida estamos á súa total e absoluta disposición por medio do responsable da Área de Sanidade e Servizos sociais (Verísimo Pazos, teléf: 635923331), ou ben chamando ao Portavoz oficial da propia COGAVE ( Antonio Paredes Nores, telef: 609840371).

Verísimo Pazos

(Responsable da Área de Sanidade e Servizos Sociais)

A COGAVE quere posicionarse no que se refire á ITV para deixar clara a súa opinión.

A COGAVE solicita a finalización deste monopolio .

Así mesmo, tamén queremos sinalar que Galicia ten unha das tarifas máis caras de España. En comparación con Comunidades autónomas limítrofes como son Asturias e Castela e León, os prezos de Galicia son máis caros. E o que xa resulta incluso sangrante son os prezos dos vehículos industriais, cuxas tarifas están totalmente desproporcionadas, o cal xera un encarecemento das prestacións de servizos, que a maiores se une a forte crise económica pola que está a pasar o país. En consecuencia, pretendemos que se harmonice a tarificación tanto en Galicia como en toda España

Consideramos tamén que as revisións que se efectúan nos centros da empresa concesionaria son realizados por técnicos que, como mínimo, non están mellor preparados para dito traballo que os técnicos de calquera taller oficial de reparación de coches. Tampouco dispón a ITV de medios técnicos ou aparatos dos que non dispoñan os concesionarios oficiais ou os talleres mecánicos. E precisamente, por tal motivo, na nosa opinión estas inspeccións deberían levarse a cabo nos diferentes concesionarios de coches ou en talleres oficiais para, deste xeito, abaratar os prezos e fomentar a competencia.

En caso de non ser posible esta última alternativa, rogamos que se aumente o número centros da ITV en Galicia, para desta maneira reducilos custes de desprazamento, xa que o feito de desprazarse dende un concello ata outro supón un gasto enorme en moitos casos e prescindible na gran maioría deles.
parados, se lles aplique unha moratoria ou aprazamento, xa que na maioría dos casos soamente se desprazan para pasala mencionada inspección técnica. Estámonos a referir fundamentalmente a vehículos de coleccionista ou análogos, onde existe un compromiso claro de inmobilización dos mesmos.

Queremos anunciar así mesmo que procederemos proximamente á creación dunha plataforma para a consecución destes obxectivos. Para a alimentación da mesma utilizaremos tanto a páxina web oficial da COGAVE como as redes sociais, estes son o perfil de Twiter (

https://twitter.com/COGAVE_galicia ) e a páxina en Facebook (http://www.facebook.com/pages/COGAVE-Galicia-Veci%C3%B1al/241021692620431 ).

A continuación móstrase unha comparativa dos prezos dos servizos de ITV nas comunidades autónomas de Castela e León, Asturias e Galicia, onde se aprecia con meridiana claridade o notable encarecemento dos devanditos servizos de ITV na comunidade Galega respecto ós das súas rexións limítrofes:

Prezos totais da inspección técnica de vehículos: Tipo de vehículo 

 

Castela e León 

 

Asturias 

 

Galicia 

 

Turismos

(ata 3.500 kg)

 

30,61€ 

30,00€ 

36,95€ (gasolina)

44,16 (diesel)

 

Vehículos de máis de 3.500 kg 

40,40€ 

43,15€ 

55,90€ 

+Noticias

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: