FINALIZA A CAMPAÑA “SORPRESAS DE NADAL” DE ÁBACO. ENTREGA DO 4º PREMIO ESPECIAL

O pasado venres 6 rematou a campaña “Sorpresas de Nadal” organizada por ábaco cun gran éxito entre os seus clientes e participantes, éxito que se amosa cos 16.871 códigos que foron rexistrados en total, e cos 117 premios directos entregados, sen contar cos premios especiais.

O 4º e último sorteo destes premios especiais fíxose esta fin de semana e a premiada resulta ser a guardesa Carmen O. V., que será obsequiada cunha estancia dunha noite no Talaso Atlántico, a través do rexistro dun código entregado por Parafarmacia A Botica. A este último premio hai que engadirlle os 3 premios especiais que xa foron sorteados e nos que resultaron agraciados; cun cheque-compra de 300 €, o guardés Jose María V.G.; por outra banda, o tamén guardés Daniel V. M., obtivo un cheque-compra de 250 €. No 3º sorteo resultou premiada unha persoa do Rosal, Manuel V.G. que tamén foi agasallado cun cheque-compra de 250 €.

A entrega destes premios especiais fárase na sede de ábaco, sita na rúa Ireira, 9 da Guarda o vindeiro mércores 18 de xaneiro.

Ó longo desta campaña de Nadal foron moitos os que coas súas compras habituais colaboraron co comercio guardés e do Rosal e con elo obtiveron premios que van desde vales de compra nos locais participantes así como diversidade de agasallos como por exemplo xogos Play Station, vales desconto, bolsos, bandoleiras, reloxos, etc…

Con todo, queremos agradecer tanto ós locais participantes coma ós clientes a súa colaboración e participación nestas “Sorpresas do Nadal”, deixando patente o éxito da mesma na Guarda e no Rosal.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: