O BNG denuncia destrozos no castro do monte Trega

 “A   desfeita é consecuencia da tala de árbores que se leva facendo   dende hai semanas sen ningún tipo de control”

A  Guarda, 8 de xaneiro 2012.-  O   BNG denuncia que as condicións nas que se está a facer a    tala de     árbores no monte Trega están afectando ao seu patrimonio    arqueolóxico. Membros    do Consello local do BNG visitaron diferentes lugares do monte     Trega     examinando o resultado da tala de árbores que se está a   realizar.     Pódese apreciar como a maquinaria pesada utilizada provocou un          deterioro importante de xacementos arqueolóxicos catalogados.     Así,   vese o desprazamento de pedras que forman parte de muros e     vivendas,     afloramentos de restos de tégulas, xeixos tallados, ..Ante  a gravedade dos feitos, o BNG presentará un escrito tanto ao     Padroado como ao Concello para que informen das condicións nas   que     se están a realizar a tala, permisos e plan de restauración      dos     xacementos. “O    Concello e o Padroado teñen a responsabilidade de velar      polo    mantenemento e conservación do patrimonio cultural do     monte Trega”,    comentou o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba. Os    traballos que se están a facer no monte tamén están a afectar     ao     medio ambiente, dado que se están alterando de xeito notábel      as    pistas existentes, e abrindo outras indiscriminadamente. O    BNG lembra que o Monte Trega foi declarado Monumento      Histórico Artístico      no ano 1931 e con posterioridade Ben      de Interese Cultural,      polo que calquera actuación que se realice no monte debe      estar en     todo momento controlada e contar cos informes preceptivos da       Consellería de Cultura por medio de Patrimonio. O     BNG ven reclamando á Xunta de Galiza que poña en marcha o Plan       Director do monte Trega       como garante e potenciación de todo o patrimonio      arqueolóxico deste      enclave.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: