A CIG convoca concentracións de delegados/as en todas as comarcas en repulsa ás medidas aprobadas polo

O secretariado confederal acorda pór en marcha unha campaña para denunciar as súas consecuencias, reclamar políticas alternativas e esixir maior soberanía  .SERÁN ESTE XOVES DÍA 12.

Compostela, a 10 de xaneiro de 2012

O secretariado confederal da CIG, reunido este martes en Compostela, acordou convocar concentracións de delegados/as diante das delegacións de Facenda da administración central para manifestar o seu rexeitamento ás medidas aprobadas, vía decreto, polo goberno do PP. A central sindical, que tamén celebrará asembleas para analizar o novo escenario, considera que son claramente negativas para a clase traballadora porque “os recortes do investimento público provocarán máis destrución de emprego e o deterioro dos servizos públicos e as medidas fiscais adoptadas nada teñen que ver coa reforma fiscal que sería necesario acometer”, afirma Suso Seixo.

Con estas concentracións a CIG pon en marcha unha campaña que terá continuidade até o mes de marzo e que culminará, nesta fase, o 10 de marzo, coas mobilizacións do Día da Clase Obreira Galega.

A central sindical pretende denunciar as consecuencias socioeconómicas que terán as políticas xa decretadas nos primeiros Consellos de Ministros e as que pretende aprobar o PP; evidenciar a necesidade de apostar por un novo modelo económico e social e, en consecuencia, esixir políticas alternativas que permitan camiñar cara un sistema alternativo ao neoliberalismo. Respecto das medidas adoptadas en materia fiscal, denuncia que o que se fai é incrementar os impostos á clase traballadora e ás clases medias “mentres que seguen sen adoptarse medidas dirixidas a incrementar os impostos ás grandes fortunas, ás SICAV ou a combater a fraude fiscal que existe no estado español, por parte das grandes empresas e a banca. Medidas contra os verdadeiros responsábeis da crise”, asegura o secretario xeral da CIG. 

Seixo considera que grande parte do déficit público -que é o que se está utilizando para xustificar os recortes do gasto público- vén provocado, precisamente por estas políticas fiscais. “Por iso acordamos que estas primeiras mobilizacións se desenvolvan diante das delegacións de Facenda”.

Xunto a isto, a CIG tamén vén denunciando, e así o seguirá a facer nesta campaña, as políticas do PP na Xunta de Galiza. “Só con mirar as cifras de desemprego que temos neste intre, xunto cos centos e centos de mozos e mozas que seguen emigrando, xa queda descualificada a política económica e laboral de Núñez Feijóo”, di Seixo.

O secretario xeral da CIG denuncia que, de feito, a política económica e laboral da Xunta de Galiza “é practicamente inexistente” porque se limita a actuar como un “axente pasivo”, antes responsabilizando ao goberno central de todos os males, e agora agardando ao que lle digan. “É unha situación de desgoberno e iso tamén queremos poñelo de manifesto”.

Diante desta situación, a CIG esixirá maior soberanía para Galiza “convencidos de que nun momento como este, no que se está a dar unha concentración tan grande a nivel económico e político, agora que as decisións se toman en instancias totalmente alleas aos intereses da clase traballadora galega, é fundamental ter soberanía para decidir as políticas que máis nos conveñen para saír da crise e construír un novo modelo económico”.

HORARIOS DAS DISTINTAS MOBILIZACIÓNS:

Santiago: 12:00 horas concentración na Praza de Galiza.

Vigo: 12:00 horas concentración na delegación de Facenda.

A Coruña: 12:00 horas concentración diante de Facenda.

Ourense: 11:00 horas concentración na delegación de Facenda.

Ferrol: 12:00 horas concentración en Facenda.

Lugo: 12:00 horas concentración na delegación de Facenda.

Pontevedra: 12:00 horas concentración diante do Banco de España.

Vilagarcía: 12:00 horas concentración diante da Axencia Tributaria.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: