A XUNTA REITERA QUE NOS PARQUES ZOOLÓXICOS DE GALICIA VÉNSE DESENVOLVE​NDO UN EXHAUSTIVO PROGRAMA PERIÓDICO DE INSPECIÓNS E AUTORIZACI​ÓNS TAL COMO DETERMINA A NORMATIVA EUROPEA

As revisións lévanse a cabo tanto no parque zoolóxico “Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias–Vigozoo, como no “Acquarium Galicia (Acuario de O Grove)”

  • A Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, fixo, no ano 2011, tres inspeccións, quedando claramente determinado que Vigozoo desenvolve actualmente diferentes actividades enmarcadas no cumprimento do artigo 4, apartado a da Lei 31/2003

Santiago, 10 de xaneiro de 2012.- A Xunta de Galicia reitera que nos parques zoolóxicos da comunidade autónoma galega vénse desenvolvendo un exhaustivo programa periódico de inspeccións e autorizacións, tal como determina e acordo establecido no artigo cuarto da Directiva 1999/22/CE do Consello, de 29 de marzo de 1999, relativa ao mantemento dos animais salvaxes nos parques zoolóxicos. As revisións lévanse a cabo tanto no parque zoolóxicos “Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias–Vigozoo, como no “Acquarium Galicia (Acuario de O Grove)”.

 O Goberno galego realiza ditas inspeccións a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, concretamente dende a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Así, no ano 2011, o Parque das Ciencia Vigozoo foi inspeccionado en tres ocasións co fin de comprobar a correcta aplicación da Directiva Europea e da Lei estatal de conservación das especies nos parques zoolóxicos, quedando claramente determinado que Vigozoo desenvolve actualmente diferentes actividades enmarcadas no cumprimento do artigo 4, apartado a da Lei 31/2003, do 27 de outubro. Esta normativa especifica que este parque debe elaborar, desenvolver e cumprir un plan de conservación ex situ, entre os que destaca un programa de cría en catividade do Sapoconcho Europeo, en colaboración co Grupo de Investigación “Ecoloxía Evolutiva e da Conservación” da Universidade de Vigo, para a cría en catividade e a recuperación das poboacións do sapoconcho común no noroeste peninsular.

Acquarium Galicia

Por outra banda, o Acquarium Galicia/Acuario de O Grove conta con Resolución do 13 de maio de 2011 para a súa apertura ao público, despois de permanecer pechado durante meses. Este centro tamén foi visitado en tres ocasións en 2011, nas que se puido corroborar o correcto desenvolvemento dun programa de conservación tal como se indica na normativa. Entre outras actividades, o Acquarium de O Grove, xestionado pola empresa Bluedisplays, desenvolve accións orientadas á conservación das Tartarugas Mariñas.

Cabe sinalar que Galicia ven de presentar un detallado informe dos traballos realizados pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza na execución das súas competencias na autorización dos parques zoolóxicos durante os últimos anos e do grado de cumprimento de cada un dos parques zoolóxicos da Comunidade Autónoma. Neste momento a Comisión está valorando a documentación remitida.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: