BENESTAR ORGANIZA 25 ENCONTROS INFORMATIV​OS PARA ACHEGAR Á MOCIDADE GALEGA O PROGRAMA DE EMPRENDEME​NTO ‘INICIATIV​A XOVE’

  • Esta iniciativa ten como obxectivo achegar á mocidade emprendedora a información precisa para fomentar e promover actividades de aprendizaxe non formal

Santiago, 10 de xaneiro de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá ao longo do mes de xaneiro 25 encontros informativos nas comarcas e nos campus universitarios para achegar á mocidade galega o programa de emprendemento ‘Iniciativa Xove’. Estos encontros teñen como obxectivo achegar á mocidade emprendedora a información precisa para fomentar e promover actividades de aprendizaxe non formal que lles permita desenvolver as súas capacidades, talento  e espírito emprendedor involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos con ‘Iniciativa Xove 2012’. Os destinatarios dos encontros son os mozos e mozas menores de 30 anos, concelleiros de xuventude ou con competencias na materia, técnicos de xuventude ou cultura, membros de asociacións xuvenís ou colectivos de mozos e mozas que poidan conformarse nun grupo informal. Nestas citas, a Dirección Xeral de Xuventude levará a cada comarca un encontro informativo onde todos aqueles mozos e mozas que o desexen poderán obter tanto información como asesoramento do programa e as novidades que este ano aparecen na convocatoria das axudas. O primeiro dos encontros terá lugar mañá as 19,30 horas no Forum Metropolitano da Coruña. O xoves a iniciativa trasladarase ata Carballo, o venres ata Noia e o sábado 14 de xaneiro, celebrarase en Melide e Boqueixón, na provincia da Coruña. A semana que vén, o luns 16 de xaneiro o encontro trasladarase ata Xinzo de Limia e o martes ata O Carballiño, na provincia de Ourense. Xa o 19 de xaneiro terá lugar un encontro no Porriño e en Tui e o 20 de xaneiro en Padrón. Posteriormente, a iniciativa tamén visitará Vilalba, Lugo, Pontedeume, Chantada, Ourense, Vigo, Foz, Ferrol, Betanzos, A Estrada, Ourense e A Cañiza.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: