A XUNTA LAMENTA UNHA VEZ MÁIS A FALTA DE LEALDADE INSTITUCIONAL DO ALCALDE DE VIGO NA VISITA ÁS OBRAS DA RÚA MANUEL ÁLVAREZ

  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten firmado un convenio co Concello de Vigo para levar a cabo a urbanización das rúas Manuel Álvarez, Severino Cobas e Escultor Gregorio a través do Plan Hurbe.
  • A Xunta de Galicia aporta máis do 80% do investimento de cada unha das tres intervencións, que no seu total ascende aos 7,3 millóns de euros.
  • O Concello de Vigo remitiu un fax no día de hoxe á Secretaría Xeral da Consellería de MATI para informar dunha visita á rúa Severino Cobas que ía a realizar hoxe mesmo ás 11.30 horas.
  • O alcalde citou aos medios de comunicación noutro punto, concretamente nas obras da rúa Manuel Álvarez.
  • O aviso do Concello chegou media hora antes da hora sinalada para a visita, co que ningún representante da Xunta puido acudir a dita visita.

Vigo, 12 de xaneiro de 2012.- A Xunta de Galicia lamenta unha vez máis a falta de lealdade institucional que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tivo esta mañá coa Administración autonómica por mor da visita que realizou ás obras de urbanización da rúa Manuel Álvarez. 

A humanización desta rúa, xunto coas obras de urbanización da rúa Escultor Gregorio -xa rematada e tamén inaugurada en solitario polo alcalde fai xusto un ano- e de Severino Cobas –actualmente en execución- forma parte dun convenio rubricado entre o Goberno galego e o Concello de Vigo para levar a cabo a urbanización destas tres rúas da cidade olívica a través do Plan Hurbe. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aporta a esta actuación máis do 80% do investimento de cada unha das tres intervencións, que no seu total ascende aos 7,3 millóns de euros. Concretamente, a financiación que achega a Xunta para os traballos da rúa Manuel Álvarez é de 3,8 millóns de euros, do total de 5,2 millóns de investimento total. As obras de Severino Cobas teñen un custe de 2,3 millóns mentres que as de Escultor Gregorio supoñen 1,2 millóns de euros.

Nesta ocasión, o Concello de Vigo remitiu un fax no día de hoxe á Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para informar dunha visita ás obras da rúa Severino Cobas que o alcalde ía realizar hoxe mesmo ás 11,30 horas. Curiosamente, o alcalde citou aos medios de comunicación a esa mesma hora pero noutro punto, concretamente nos traballos da rúa Manuel Álvarez –tamén financiados pola Xunta- e dito fax chegou media hora antes da hora sinalada para a visita, co que ningún representante da Xunta puido asistir a dita visita, pese a que é a Administración que aporta o 80% do custe dos traballos. De todos modos, o habitual neste tipo de convenios de colaboración para executar obras e no que hai varias administracións implicadas é que as visitas de obra se programen de forma conxunta para pechar as axendas con antelación.

Esta forma de proceder do alcalde de Vigo ante a Xunta de Galicia non é a primeira vez que se produce, polo que para a delegada do Goberno galego en Vigo, Lucía Molares, “xa non sorprende”, engadindo que “chama a atención que o Concello informe desta maneira ao Goberno galego pese a seres a administración que financia máis do 80% das actuacións”.

Aposta polas humanizacións e melloras da seguridade vial

A Xunta de Galicia está a investir en obras de humanización e mellora da seguridade vial no Concello de Vigo. Aos 7,3 millóns de euros nas obras de humanización das rúas Manuel Álvarez, Severino Covas e Escultor Gregorio, hai que engadir os 1,7 millóns da actuación na PO-324 Samil e Canido así coma un orzamento de 10 millóns de euros no tramo da estrada Vigo-A Ramallosa, que transcorre por Vigo. Ademais, a Xunta de Galicia xa investiu 8 millóns de euros nas obras de humanización de Castrelos e Florida.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: