Comunicado Concejalía de Fomento de vigo.

 

 

Vigo, 12 de xaneiro de 2012.

 

– Ante as declaracións da delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, asegurando que descoñecía a visita que hoxe realizaron o alcalde de Vigo e varios concelleiros ás obras de Manuel Álvarez, quero aclarar que esta mañá e seguindo o procedemento habitual, enviouse un fax á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informando de que Abel Caballero visitaría as obras dunha das rúas incluídas no Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte e o Concello de Vigo para a “Urbanización das rúas Manuel Álvarez, Severino Cobas e Escultor Gregorio Fernández”. Por un erro humán, no fax enviado advírtese de que a visita é a rúa Severino Cobas, cando en realidade, e tal e como se indicou na axenda pública do rexedor, as obras que se revisaron foron as de Manuel Álvarez. En todo caso, quero engadir que a delegada da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Lucía Molares, nunca invitou nin informou nin á concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, nin a min mesmo, de ningunha das visitas que realiza ao Casco Vello da cidade no exercicio das súas responsabilidades, a pesares de que, ademais de concelleiros, somos membros do Padrodao do Consorcio. Pedímoslle á delegada da Xunta, polo tanto, que actúe con coherencia.

David Regades

Concelleiro de Fomento

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: