Conferenci​a Louzán Forum Europa. Tribuna Galicia en Vigo

 A IMPORTANCIA DE PENSAR ENTRE TODOS UNHA NOVA CULTURA SOCIAL, ECONÓMICA E POLÍTICA

Quero agradecer, antes que nada, a súa presenza neste acto así como que adiquen parte do seu valioso tempo a facer un alto no camiño para que, entre todos, poidamos repensar algunas cousas que a todos nos afectan.

Agradezco tamén as empresas Audasa e Itinere a invitación que me formularon para participar neste Forum Europa, Tribuna Galicia.

Sobre todo porque a ocasión supón _para os que temos responsabilidades políticas e públicas_ unha magnífica plataforma e un singular altavoz para exercitar a transparencia da nosa xestión e para dar a conocer aos administrados _ a quénes nos debemos_ algunhas das nosas accións e algunhas das nosas ideas nestes momentos tan complicados.

O propio éxito, e a mesma consolidación deste Forum, pon de relevo algo que, se sempre é importante, agora é case unha obriga: a necesidade de facer unha especie de terapia colectiva. Ou, si o prefiren, dun exercicio conxunto de repaso dos problemas actuais en distintos sectores para tentar atopar, entre todos, as solucións máis acertadas.

Dise que a mellor maneira de non ver o mar é darlle a espalda.

Pero non se solucionan os problemas nin os retos dos tempos dándolles a espalda. Ó revés, o primeiro é afrontar a realidade _por cruda que sexa_ e facer un diagnóstico claro de que estamos na situación máis difícil e complexa que se lembra na etapa democrática.

Hoxe temos esta casa común que é España como un edificio case en ruinas. Así que o primeiro será detectar as gretas para apuntalalas e poder, despois, unha vez asegurado que non se veña abaixo, reconstruilo.

Esta primeira tarefa de apuntalamento da casa será a máis dolorosa, a máis sufrida e a máis dura de afrontar. Pola mesma razón de que, cando acometemos unha dieta, os momentos máis duros son os primeiros, aqueles nos que temos que acostumbrarnos a ela.

Despois virán os froitos, non o dubido. Pero antes haberá un tempo no que pouco máis poderá ofrecerse que sangre, sudor e lágrimas. É decir, traballo, esforzo e sacrificio de todos para reencontrar o rumbo certo e perdido.

Escribeu Quevedo, con motivo doutra profundísima crise de España, que <ayer ha muerto, mañana aún no ha llegado>. E eso é, exactamente, o que está a pasar. Morre un tempo, unha etapa, unha época. E a nova _a que está por vir_ ainda non agroma, non acaba de nacer.

O certo é que estamos condenados non a vivir peor, senón a gobernar e a gobernarnos _tanto no eido público como no privado_ de xeito diferente.

Os novos tempos demandan _esixen, diría eu_ unha nova cultura social, unha nova cultura económica e, sin dúbida, unha nova cultura política.

 UNHA VISIÓN E UN DIAGNÓSTICO DA PROVINCIA

(A situación actual e os cambios producidos polas infraestruturas de mobilidade)

Eu estou hoxe aquí como Presidente da Deputación de Pontevedra, o organismo ó que a Constitución Española encarga a asistencia e cooperación ós concellos e tamén a defensa dos intereses xerais da provincia.

Unha provincia que, ó meu entender, presenta hoxe dúas realidades incontestables.

A primeira delas afecta ó plano social e económico e redúcese a unha ecuación moi simple: sin crédito non hai inversión; sin inversión, non hai empresas; sen empresas, non hai traballo nin traballadores; e sen traballo e sen traballadores, vense abaixo o consumo.

Esta espiral diabólica ven empozoñando a vida colectiva nos últimos anos. E contra ela non hai solucións máxicas. Pero a primeira, sin dúbida, será desfacer o complexo nudo das entidades de crédito. Sin crédito a empresas e familias, todo o demáis será inútil.

Desto dedúcese a obriga primordial da Deputación de Pontevedra. Que non é outra máis que adicar todos os seus recursos a contribuir a reactivar a economía e o emprego, e a potenciar a súa cooperación cos concellos. A pesar das opinións críticas e diferentes dalgúns grupos políticos.

É decir, non apoiar nada que non implique retorno. E, para nós, implican retorno as inversións en cultura e deportes _ nas que somos referentes_ porque son os piares do futuro.

O segundo feito incuestionable da nosa provincia hoxe en día tén que ver cunha nova realidade xeográfica que tén consecuencias para a sociedade e para as estruturas institucionais e políticas.

Refírome ós novos usos e costumes da xente e ás novas áreas que contribuiron a conformar, nos últimos anos, as diversas infraestruturas de mobilidade.

Dende a configuración da provincia en 1833 ata fai 40 ou 50 anos, a nosa provincia tiña unha base agraria e rural, unha evidente uniformidade e unha actividade que pivotaba, sobre todo, en torno ás cidades de Vigo e Pontevedra. Sobre todo Vigo, que pasou de ter 3.000 habitantes en 1857, a contar con 150.000 en 1950, o triple que tiña Pontevedra ese mesmo ano: 45.000 residentes censados.

Perante ese tempo, nesa sociedade, era máis difícil _e levaba máis tempo _ ir de Aldán a Cangas, ou de Guizán a Mos, que ir hoxe de Vigo a Porriño, Caldas ou Tui.

Hoxe, nin a nosa provincia, nin Galicia en xeral, se definen por eses principios. As dúas autovías artellaron o noso espazo xeográfico en torno ós dous polos termináis delas: A Coruña e Vigo.

Configuraron tamén unha Galicia volcada hacia a costa, densamente poboada, dinámica e industrial. E outra, do interior, despoboada, rural, agraria, e moito máis estática, na que Lalín tén o seu propio modelo urbano e avanzado que funciona como unha área de equilibrio entre ambas.

A provincia non foi allea a estes cambios. E hoxe divídese en tres áreas, que poderíamos chamar Áreas de Mercado, tendo en conta hacia onde dirixen a súa actividade.

Unha, no  norte de Deza, Tabeirós e Terra de Montes, vencellada a Santiago. Outra, no centro, liderada polo Salnés e Pontevedra, con evidente vocación turística, de servizos, vitícola e marisqueira. E unha terceira, no sur, na que Vigo encabeza unha ampla área industrial, pesqueira, poboacional e de orientación internacional, sobre todo hacia a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Esto implicará cambios nas institucións. Un tén que ver con algo que eu mesmo veño reclamando dende fai tempo. E que se concreta na necesidade de definir e de fixar as competencias das distintas administracións nun gran Pacto de Estado entre os grandes grupos políticos.

Os novos tempos de hoxe obríganos a todos _lonxe de oportunismos, de visións partidistas, interesadas, ou localistas_ a ter sentido de Estado, de servizo público e de interés xeral, para revisar excesos, suprimir duplicidades, reconsiderar fórmulas e iniciar os cambios que sexan precisos.

A outra consideración é que os cidadáns acaban de dictaminar cos seus votos que queren evolución, adecuación de institucións, cambios de comportamentos e de funcionamento.

UNHA CONSECUENCIA: A NECESARIA E NOVA ORIENTACIÓN DA DEPUTACIÓN

Así que os actuais son tempos de cambios, de reformas lexislativas para todos e tamén para a Deputación.

Xa mostrou o camiño o noso Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, sin dúbida a persona co perfil máis axeitado para acometer estes cambios pois foi concelleiro, deputado provincial, presidente da Deputación, conselleiro, catro veces ministro e agora Presidente do Goberno. Coñece ben, por tanto, todos os niveis da Administración e, en particular, a Deputación e a provincia de Pontevedra.

Rajoy anunciou que o futuro da Deputación pasa pola axuda e cooperación ós concellos medianos e pequenos e con menos recursos. Tamén dixo algo ao que me sumo: a firme convicción de que tén que haber Administracións intermedias.

E digo esto, como poden supoñer, non dende o mínimo interés personal _pois, ó cabo, eu non son máis que un modesto e temporal servidor público_ senón dende o coñecemento da realidade da provincia e do funcionamento da institución provincial.

O futuro das deputacións estará ligado a eses concellos, sin olvidar as cidades. Sobre todo porque teñen gravísimas dificultades económicas para pagar a traballadores ou proveedores ou, incluso, para chegar a fin de mes. Porque son <as parentes pobres> das institucións e, sen embargo, son a primeira porta na que petan os veciños cando teñen algún problema. Porque sufren unha grave perda demográfica que ameaza o futuro.

E incluso porque os seus alcaldes son inxusta e permanentemente postos en cuestión por diversos sectores sen ter en conta que, nos propios concellos, hai personal de alta cualificación que, a miudo, tén maior salario, vida menos axitada e máis consideración social.

A Deputación pode e debe axudarlles _como, de feito, facemos_ anticipando recursos, consorciando servizos, reordenando a súa estrutura de gasto, aportando personal, apoiando sectores e recursos produtivos que fixen poboación, logrando economías de escala, etc.

Esta axuda non é tan precisa nas grandes cidades porque teñen  unha maquinaria administrativa maior e moitos máis recursos. Pero, para os concellos pequenos e medianos, é máis eficaz, útil e rendible que certos servizos e determinados traballos os leve a Deputación. Porque tén recursos, técnicos, e traxectoria exitosa e contrastada.

E incluso tamén porque o gasto público corresponde no 25% ó Estado, no 62% ás Autonomías e sólo no 13% á Administración Local, incluidos concellos e deputacións.

Así que, en síntese, aplaudo e defendo a reformulación, a modernización e a actualización dos cometidos das deputacións, agrupacións de concellos ou gobernos locais intermedios, como lles chaman en Europa.

E debo decir que agora sólo o meu partido, o PP, defende estas institucións cando, ata fai ben pouco, cando as gobernaba, tamén as defendía o PSOE, un partido no que sólo os que as gobernan _por exemplo, o presidente de Lugo ou o anterior de A Coruña_ son acérrimos defensores da súa función e utilidade.

Non hai que olvidar que, en España, 16 millóns de personas viven en ámbetos rurais e que, en Galicia, ademáis dos que viven nesas zonas, a dispersión xeográfica é moi superior ó resto do Estado. Da utilidade da Deputación para elas quénes poden dar mellor fe son os alcaldes que rixen este tipo de concellos na provincia de Pontevedra, sexan da color política que sexan.

 O RETO DOS CAMBIOS NA ESTRUTURA E NA CONFIGURACIÓN DOS CONCELLOS (As fusións)

A fusión dos concellos é, sin dúbida, un asunto de futuro. Hoxe por hoxe é difícil pola perda de identidade histórica dos de menor peso. Por razóns sicolóxicas dos seus residentes. E, incluso, polo efecto desertizador que podería acarrear a desaparición de concellos rurais nos que o propio consistorio fai as veces de motor dinamizador, laboral e de núcleo social ante a falla doutros actores que acometan estas tarefas.

Por eso creo que, antes de fusionar, débense potenciar fórmulas de cooperación intermunicipal para compartir servizos, facelos máis eficientes, abaratar costes e crear consorcios ou mancomunidades para transportes, residuos, abastecementos, saneamentos, etc.

Antes de empezar a casa polo tellado, que son as fusións, hai que botar os cimentos, que son consorciar servizos.

En calquer caso, a fusión de concellos non é, hoxe por hoxe, un asunto prioritario na nosa provincia que é a que tén o menor número deles en Galicia e na que, incluso o concello máis pequeño _Mondariz-Balneario_ tén contas saneadas e viabilidade. A nosa estrutura local é bastante aceptable. Sobre todo por por comparación co resto do Estado onde o 83% dos 8.116 concellos españoles teñen menos de 5.000 habitantes. Cousa distinta á fusión é ao agrupamento de servizos no caso de cidades que desbordan os seus lindes e se solapan con concellos veciños, como pode ser o caso de Chapela-Vigo ou Pontevedra-Poio.

 O INCERTO RETO DAS ÁREAS METROPOLITANAS

Nesta mesma liña están as Áreas Metropolitanas.

En calquer caso, dende a Deputación apoiamos as Áreas Metropolitanas e podemos dar apoio loxístico en múltiples cuestións, como xa facemos, por exemplo, co servizo de recadación do ORAL, cos bombeiros ou coas melloras das comunicacións entre os distintos concellos. A nosa mán sempre estará aberta e tendida a todo canto supoña melloras para os cidadáns e para a provincia

O NOVO RUMBO DA NOVA DEPUTACIÓN

Chegados a este punto, do antedito poderán deducir facilmente que a nova Corporación Provincial de Pontevedra, que tomou posesión o pasado verán, tomou un novo rumbo.

Antes de pasar a detallálo, permítanme que lles aporte algúns datos da Deputación de Pontevedra. Temos 41 centros e 50 edificios. Unha superficie de patrimonio propio de 2 millóns de metros cadrados, en  plenas Rías Baixas, onde se ubican edificios singulares de alto valor  patrimonial como o Museo de Pontevedra, Areeiro, o Castelo de Soutomaior, o Pazo de Lourizán, o de Gandarón, as instalacións de A Lanzada, etc. Todo elo sin contar cos 500.000 metros cadrados xa urbanizados do polígono de Barro-Meis.

Contamos cun presuposto de 150 millóns de euros e ocupamos directamente a mil personas e de xeito indirecto a 3.000. Pagamos a 30 días, nin un máis. E atendemos 2.000 kilómetros de estradas provinciais, dispersas nos 4.495 kilómetros cadrados que tén a nosa provincia, e que sirven, sobre todo, aos 962.472 habitantes que residen nela.

Unha provincia que conta con 62 concellos, 670 parroquias, 570 kilómetros de costa e unha densidade de poboación, 210 habitantes por kilómetro cadrado, que a sitúa como unha provincia avanzada e de progreso.

Algunhas realidades e logros da Deputación nos últimos anos están aí, á vista en toda a provincia, e son coñecidos por todos.

Pero considero que o gran logro que acadamos estes últimos anos foi o das mentalidades. Hoxe a Deputación é un organismo vivo, dinámico e activo onde se traballa con intensidade, eficacia e rigor. Dous datos: a Oficiña de Atención ó Público, que antes abría de 9 a 11, agora faino de 9 a 19 horas ininterrumpidamente. E este Presidente que lles fala atende e responde calquer demanda dos cidadáns, nun prazo de dez días, vía Internet ou presencialmente.

 Hoxe, a situación pola que atravesa o noso país esíxenos partir de cero no noso xeito de gobernar. E obríganos a trazar unha liña, a provocar un antes e un despois da institución provincial.

As nosas prioridades son claras:

–       Manter no que se poida os servizos sociais e públicos sen caer en demagoxias.

–       Procurar que a crise non paralice o investimento público

–       Apoiar ós emprendedores e ós sectores produtivos

–       E incentivar a competitividade na provincia, a través de fondos europeos, das Novas Tecnoloxías, de sectores como o comercio ou coa creación de chan industrial.

E estes obxectivos provocaron xa que adoptásemos algunhas medidas que son o preludio doutras que, sin dúbida, virán. De xeito sintético, algunhas delas son:

–       Nesta mesma liña, redefiniremos a nosa cooperación cos concellos e coas entidades. Sobre todo porque demandan asegurar o gasto corrente e non tanto a inversión.

–       Internamente, adoptamos medidas de reestruturación e austeridade. Son relativas a seguros, consumo enerxético e telefónico, comunicacións, papel, seguros médico-privados e outras que permiten aforrar un millón de € ó ano. A esto hai que sumar a reducción do coste do goberno nun 50%, do personal de confianza nun 57%, dos OO.AA. nun 63%, así como unha importante reducción da plantilla.

–       Sólo dous exemplos da austeridade implantada. Unha, non ocupamos 100 plazas vacantes nos tres últimos anos porque non eran estrictamente necesarias e engordaban, innecesariamente, a Administración. E outra, incorporamos a todos os funcionarios á Seguridade Social, sacándoos das compañías privadas, o que permite aforrar 500.000 € ó ano.

Todos estes obxectivos e estes retos que lles acabo de exponer teñen como finalidade primordial sanear e adelgazar a institución, eliminar burocracia, favorecer as condicións para a recuperación económica e poñer en valor ós emprendedores.

Creo firmemente na competitividade. E creo igualmente que non é posible na sociedade actual que non se premien o esforzo e os cumplimentos de obxectivos, incluso no sector público.

E preguntome cántos casos coñecen vostedes e máis eu de funcionarios que foran despedidos por deficiente rendimento, por absentismo, por baixas inxustificadas e de longa duración, etc. etc..

E, antes de rematar, quixera facerlles dúas reflexións.

A segunda reflexión tamén vai na liña de favorecer _e non de entorpecer ou dificultar_ o progreso económico e as melloras sociais. Outro exemplo. No polígono de Barro-Meis, que construeu e urbanizou a Deputación de Pontevedra, os propietarios dos terreos afectados _a inmensa mayoría comunidades de montes_ recibiron unha extraordinaria compensación polo seu solo rústico forestal. Acordamos con eles pagar a 9 euros o metro cadrado. Pero alguén recurreu e o Tribunal de Xustiprezo considerou que había que pagalo a 22 euros.

E esa decisión repercute nas empresas, nos emprendedores, nos creadores de emprego e engorda ás comunidades de montes de xeito increíble. Esto non é lóxico, nin razonable, nin axeitado a estes tempos de gravísimas dificultades para todos, nin favorece ós que crean riqueza: ós emprendedores.

E agora, mentras agardo as súas suxerencias, as súas dúbidas e as súas propostas para completar esa terapia colectiva da que lles falei ó principio, quero rematar con dúas mensaxes. Unha, decirlles que escoitamos á xente e á sociedade. Así que pídolles que si consideran que algo non funciona na Deputación, no lo faigan saber.

A outra é unha mensaxe de esperanza e de positividade. Co apoio e o traballo de todos, desta saimos, seguro.

Rafael Louzán

Presidente da Deputación de Pontevedra

RESUME FINAL DA CONFERENCIA

1.- Quixen reflexionar en voz alta neste foro, cos emprendedores e coa sociedade civil, sobre algún dos problemas que hoxe temos.

2.- Por eso espuxen a miña visión da provincia:

  • dos problemas económicos que nos afectan hoxe
  • e de cómo as novas infraesturas de comunicación variaron a súa composición, a súa configuración e o seu sentido.

3.- Esta situación e estes cambios terán e xa teñen repercusións:

  • na actividade e no sentido da súa institución representativa, a Deputación
  •  na estrutura e na configuración dos concellos e do territorio (mancomunidades de servizos, fusións, Áreas Metropolitanas)
  •  e no propio rumbo, na nova orientación e nas novas actividades que hoxe tén que facer a Deputación de Pontevedra.

4.- Un rumbo e unha nova Deputación cun claro obxectivo:

  • Apoiar ós concellos
  • Sanear, adelgazar e facer máis operativa ainda á Deputación
  • E apoiar e propiciar as condicións para a reactivación da economía e da creación de emprego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: