Archive | enero 14, 2012

¿QUÉ ES LA DERMOVISIÓ​N? ENTREVISTA A JOSÉ LUIS ALTAMIRANO

 http://dermovision.wordpress.com/author/rosa97/

Desarrollar y practicar la habilidad de la Dermovisión consigue lograr la conexión directa con nuestra mente superior, lo que comunmente llamamos “Despertar Mental”, existen muchos caminos para conseguirlo como: meditación, yoga, etc… pero ninguno tan rápido y eficáz como la práctica de la Dermovisión por ser un ejercicio activo, siendo los demás ejercicios pasivos.

A XUNTA ALERTA DUN FENOMENO ADVERSO DE NIVEL LARANXA QUE AFECTARÁ AO LITORAL DAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA

  •   En todo o litoral atlántico esperase mar de fondo do oeste, con ondas de máis de 4 metros de altura

Santiago, 14 de xaneiro de 2012.-  A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da Delegación Territorial de Galicia, en todo o litoral atlántico esperase mar de fondo do oeste, con ondas de máis de 4 metros de altura. O adverso iniciarase a distintas horas dependendo da zona xeográfica. Así, no oeste da provincia da Coruña esta previsto que se inicie ás 05.00 horas do domingo 15 de xaneiro e remate o luns ás 00.00 horas; mentres que na zona do Miño en Pontevedra prevese o inicio para as 10.00 horas do domingo e a súa finalización 10 horas despois, en torno ás 20.00 horas. Pola súa banda, no noroeste e suroeste da provincia da Coruña, así como na zona das Rías Baixas, a AEMET prevé que o fenómeno meteorolóxico adverso se inicie o domingo ás 11.00 horas e finalice en torno ás 00.00 horas do luns, 16 de xaneiro. Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia,  informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros; ás Deputacións, aos servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos das dúas provincias galegas, entre outros.

Tamén, este departamento quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Por último, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

NOMEAMENTO DE XOSÉ LUIS FRANCO GRANDE COMO FILLO PREDILECTO DE TOMIÑO

  O  secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, asistiu ao nomeamento de Xosé Luis Franco Grande como fillo predilecto de Tomiño, nun acto organizado polo Foro Peinador. No Auditorio Municipal de Goián.

A XUNTA DE GALICIA INICIA O LUNS AS OBRAS NO CORREDOR DO MORRAZO NO TREITO ONDE EXISTEN TRES CARRÍS (PK 0+780) E CONTINUARANSE NOS ENLACES

  • Realizaranse restricións parciais do tráfico nos puntos nos que se estean a levar a cabo os traballos concretos
  • A Xunta solicita prudencia aos usuarios desta vía mentres duren as obras, co obxectivo de garantir a propia seguridade e a dos operarios que estarán a realizar a colocación das barreiras ríxidas e das balizas cilíndricas.
  • A instalación de barreiras de formigón farase ao longo de case tres quilómetros e as balizas cilíndricas cada 50 metros no resto do eixo
  • A barreira de formigón situarase no tramo con carril lento e nos treitos próximos aos enlaces, xa que son os que contan con ancho suficiente para posibilitar o desvío do tráfico en caso de emerxencias. As balizas cilíndricas situaranse no resto do tramos nos que non é posible instalar barreira de formigón Leer Más…

presentación del libro Celso Emilio Ferreiro na librería librouro de Vigo

    Coa participación de Xosé Luis Mendez, ramón Nicolas y Luis Ferreiro se presentou o libro o venres pasado en Vigo.

Fotos: Manuel Carballo