A XUNTA ALERTA DUN FENOMENO ADVERSO DE NIVEL LARANXA QUE AFECTARÁ AO LITORAL DAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA

  •   En todo o litoral atlántico esperase mar de fondo do oeste, con ondas de máis de 4 metros de altura

Santiago, 14 de xaneiro de 2012.-  A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da Delegación Territorial de Galicia, en todo o litoral atlántico esperase mar de fondo do oeste, con ondas de máis de 4 metros de altura. O adverso iniciarase a distintas horas dependendo da zona xeográfica. Así, no oeste da provincia da Coruña esta previsto que se inicie ás 05.00 horas do domingo 15 de xaneiro e remate o luns ás 00.00 horas; mentres que na zona do Miño en Pontevedra prevese o inicio para as 10.00 horas do domingo e a súa finalización 10 horas despois, en torno ás 20.00 horas. Pola súa banda, no noroeste e suroeste da provincia da Coruña, así como na zona das Rías Baixas, a AEMET prevé que o fenómeno meteorolóxico adverso se inicie o domingo ás 11.00 horas e finalice en torno ás 00.00 horas do luns, 16 de xaneiro. Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia,  informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros; ás Deputacións, aos servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos das dúas provincias galegas, entre outros.

Tamén, este departamento quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Por último, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: