A XUNTA DE GALICIA INICIA O LUNS AS OBRAS NO CORREDOR DO MORRAZO NO TREITO ONDE EXISTEN TRES CARRÍS (PK 0+780) E CONTINUARANSE NOS ENLACES

  • Realizaranse restricións parciais do tráfico nos puntos nos que se estean a levar a cabo os traballos concretos
  • A Xunta solicita prudencia aos usuarios desta vía mentres duren as obras, co obxectivo de garantir a propia seguridade e a dos operarios que estarán a realizar a colocación das barreiras ríxidas e das balizas cilíndricas.
  • A instalación de barreiras de formigón farase ao longo de case tres quilómetros e as balizas cilíndricas cada 50 metros no resto do eixo
  • A barreira de formigón situarase no tramo con carril lento e nos treitos próximos aos enlaces, xa que son os que contan con ancho suficiente para posibilitar o desvío do tráfico en caso de emerxencias. As balizas cilíndricas situaranse no resto do tramos nos que non é posible instalar barreira de formigón

Santiago, 14 de xaneiro de 2012.– A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, iniciará este luns, día 16, as obras de colocación das barreiras ríxidas para separar os sentidos de circulación no Corredor do Morrazo na zona onde existen tres carrís (dous de subida), concretamente, no punto quilométrico 0+780, para elo, regularase o tráfico cortando o carril adicional de adiantamento no primeiro treito de tres carrís. Posteriormente continuarase a instalación da barreira  nos tramos dos enlaces, onde se desviará o tráfico a través dos ramais. A execución destas obras obrigará, polo tanto, a realizar restricións parciais do tráfico  nos puntos nos que se estean a realizar os traballos concretos. A Xunta solicita prudencia aos usuarios desta vía mentres duren as obras, co obxectivo de garantir a propia seguridade e a dos operarios que estarán a realizar a colocación das barreiras ríxidas e das balizas cilíndricas. Con esta actuación colocaranse distintas medidas físicas e visuais coas que se mellorará a seguridade vial e se diminuirá ao máximo a posibilidade de choques frontais por invasión do carril contrario. A obra, que conta cun investimento de 200.000 euros, suporá a colocación de dúas clases de separacións: 

  • Instalación de barreira de formigón nos treitos que cumpran dúas condicións: que exista un ancho suficiente para poder implantar este tipo de mediana, xa que a súa colocación suporá unha redución do ancho dos carrís; e, tamén, deben ser treitos que posibiliten desviar o tráfico en caso de emerxencias (por labores de mantemento, avarías de vehículos, accidentes, etc.) evitándose así un posible colapso da vía.

Teñen este tipo de características o único treito de carril lento do corredor, así como todos os tramos dos enlaces. En total, a barreira ríxida colocarase en preto de 3 quilómetros:

  Barreira ríxida PK
Treito con carril lento 0+780 – 1+620
Enlace Domaio 3+150 – 3+400
Enlace Meira-Marín 6+940 – 7+360
Enlace Moaña 9+370 – 9+510
Enlace Cangas 11+010 – 12+210

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: