BENESTAR PRESENTA A MÁIS DE 400 TRABALLADO​RES SOCIAIS A NOVA FERRAMENTA PARA XESTIONAR A AXUDA NO FOGAR PARA DEPENDENTE​S

  A Consellería organizará ao longo do mes de xaneiro 30 cursos formativos neste eido, nos que se informará tamén sobre o expediente dixital, que se habilitará neste trimestre

  • Co acceso a esta ferramenta informática, favorécese que os servizos sociais dos concellos xestionen eles mesmos as horas destinadas a cada dependente que a Xunta lles financia, de modo que, cumprindo a normativa, se distribúan mellor as horas asignadas
  • Esta iniciativa inscríbese no novo modelo de financiamento dos servizos sociais comunitarios do decreto que está ultimando actualmente o departamento autonómico

Santiago, 16 de xaneiro de 2012.- Un total de 423 traballadores de servizos sociais comunitarios municipais de toda Galicia participarán en 30 cursos organizados pola Consellería de Traballo e Benestar ao longo do mes de xaneiro para mostrarlles o funcionamento do novo programa de asignación de recursos do servizo de axuda no fogar para persoas con dependencia, así como o expediente dixital, que se habilitará neste trimestre.

En concreto, na provincia da Coruña terán lugar 10 cursos con 147 participantes; na de Lugo haberá seis cursos con 83 participantes; na de Ourense, outros seis cursos con 81 participantes; e, por último, na de Pontevedra terán lugar oito cursos con 112 participantes.

Esta formación realízase en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) co obxectivo de formar aos traballadores sociais para a utilización destas dúas ferramentas.

O novo programa de asignación de recursos do servizo de axuda no fogar para persoas con dependencia sirve para xestionar os programas individuais de atención deste servizo, así como o seu financiamento, o que permitirá unha xestión máis áxil e automatizada. Co acceso a esta ferramenta informática, favorécese que os servizos sociais dos concellos xestionen eles mesmos as horas que a Xunta lles financia, de modo que, cumprindo a normativa, se distribúan mellor as horas asignadas.

Decreto de servizos sociais comunitarios

Esta iniciativa inscríbese no novo modelo de financiamento dos servizos sociais comunitarios do decreto que está ultimando actualmente a Consellería de Traballo e Benestar. Esta nova normativa substituirá á orde actual de axudas coñecida como “Plan concertado”, no que se viña incluíndo o financiamento para o servizo de axuda no fogar para persoas con dependencia.

Deste xeito, con este decreto, estableceranse dúas vías de financiamento: por un lado as transferencias para financiar os servizos sociais comunitarios (gastos de persoal, axuda no fogar de prestación básica, e outros programas); e por outra banda, un financiamento independente para a axuda no fogar para persoas con dependencia, que teñen ese dereito outorgado por Lei.

A partir deste decreto, o financiamento para a axuda no fogar para persoas con dependencia liquidarase de xeito trimestral, e non como ata agora a través dunha subvención anual. A contía calcularase en función do número de horas mensuais de atención prestadas e segundo un módulo de financiamento público e coñecido por todos os concellos que estará publicado no propio decreto. De aí, a importancia desta nova ferramenta informática que permitirá coñecer de xeito automático e en tempo real os beneficiarios e horas prestadas, o que permitirá levar a cabo este novo modelo de financiamento con todas as garantías.

Expediente Dixital

Coa implantación do expediente dixital, prevista para o primeiro trimestre do ano, perséguese a mellora nos tempos de resolución e calidade da xestión do procedemento de recoñecemento da situación de dependencia en Galicia, e unha mellora nos servizos ofrecidos á cidadanía mediante a implantación de escenarios de administración electrónica. Unha vez rematado o proxecto, o persoal dos distintos equipos de dependencia, así como os traballadores sociais dos servizos sociais comunitarios municipais, e principalmente todos os cidadáns, contarán cun sistema de xestión do expediente dixital que permitirá un avance nos medios de xestión acordes a unha administración moderna e eficiente.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: