Louzán preside a comisión de Medio Ambiente da FEMP maña en Madrid

O cargo suporá unha oportunidade para a provincia pois terá relación directa co Ministro e participación en temas clave, como a Nova Lei de Costas que afectará ós 570 kms. de litoral de Pontevedra.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, resultou elexido presidente da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios e Provincia (FEMP).

Mañá, mércores, tomará posesión do seu novo cargo e presidirá a primeira xuntanza desta sección da FEMP que está chamada a contar con gran relevo en vista das previstas accións do novo goberno, algunha das cales terá grande repercusión na provincia, como é o caso da Nova Lei de Costas que afectará ós 570 kilómetros de litoral da provincia pontevedresa.  É a primeira vez que a provincia de Pontevedra preside a citada comisión, neste caso na persona do presidente da Deputación, Rafael Louzán. O plenario está formado por 13 representantes do PP, 9 do PSOE e un de Izquierda Unida, CIU e independentes, respectivamente. A vicepresidencia recaeu no socialista alcalde de Eibar (Guipúzcoa), Miguel de los Toyos. A presidencia de Louzán suporá unha nova oportunidade para a provincia pois terá ocasión de despachar periódicamente co Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, sobre os proxectos dos concellos e do Ministerio.

Augas, residuos, caza ou patrimonio forestal

Entre os proxectos máis relevantes que afectan á comisión presidida por Louzán, _ademais da Nova Lei de Costas, de especial incidencia en Pontevedra_ figuran a xestión integral da auga; actuacións de saneamento e depuración das augas residuais para garantir a súa boa calidade, o seu aforro e o seu uso sostible; a iluminación das vías públicas de transporte de ámbeto nacional; a xestión de residuos; o gran pacto nacional sobre a unidade de conca; o incremento do patrimonio forestal como medio para incrementar a fixación de CO2; a caza como actividade compatible coa conservación do medio; os mapas estratéxicos do ruido; ou a loita contra o cambio climático, entre outros.

Na xuntanza do mércores, Louzán analizará a memoria de xestión do periodo 2007-2011 e as propostas de actuacións da comisión para o periodo 2011-2015, entre outros temas. E realizará unha chamada ós membros do plenario para aportar ideas e suxerencias ós retos que o Ministerio e a sociedade actual deberán facer fronte na lexislatura que agora se inicia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “Louzán preside a comisión de Medio Ambiente da FEMP maña en Madrid”

  1. vimax brasil dice :

    Simplesmente quero dizer o seu artigo é tão surpreendente. A clareza na sua mensagem é apenas agradável e eu poderia assumir você é um especialista sobre este assunto. Bem com a sua permissão permita-me a agarrar o seu feed RSS para se manter atualizado com o pós próxima. Graças um milhão e por favor continuem o trabalho gratificante.
    comprar brasil vimax Brastodwhydudah.2012 vimax

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: