Archive | enero 17, 2012

ECONOMÍA E INDUSTRIA RECIBE A UNHA DELEGACIÓN TURCA INTERESADA NO MODELO GALEGO DE PROMOCIÓN EMPRESARIAL

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, recibiu á delegación da axencia de desenvolvemento turca AHILER

§ Aguilera sinalou que os encontros destes días poderán servir para intensificar as relacións comerciais entre Galicia e Turquía

§ A delegación turca tamén se reunirá con responsables de XesGalicia e BIC Galicia, do Inega, do CIS Madeira ou da Tecnópole

§ O actual potencial de crecemento de Turquía levou á Consellería a incluír a Istambul na Rede Pexga de Plataformas Empresariais no Exterior

Traballadores/as do naval cortaron o tráfico en Teis e preparan unha marcha a pé entre Moaña e Cangas para este xoves

  O calendario de mobilizacións deste mes rematará o vindeiro xoves 26 de xaneiro cunha manifestación dende Vía Norte ás 20.00 horas

 VIGO/17-01-12

Varios centos de traballadores e traballadoras do naval da Ría de Vigo cortaron hoxe o tráfico en Teis para denunciar a falta de implicación dos Gobernos español e galego na busca de solucións ao sector. Os afectados/as, que tamén repartiron folletos informativos fronte ao mercado, e traballan xa na organización dunha marcha a pé entre Moaña e Cangas e na manifestación polas rúas vigueses que pechará o calendario de mobilizacións deste mes. O acto reivindicativo comezou pouco despois das 10.00 horas cunha concentración fronte ao mercado do barrio de Teis. Alí despregaron unha faixa co lema “Salvemos o sector naval” e repartiron folletos informativos entre a veciñanza explicando a grave crise que atravesa o sector e as repercusións que a súa desaparición terá para a economía da comarca. Unha hora despois realizaron un corte de tráfico en Sanjurjo Badía e percorreron a rúa en manifestación até o cruce de Bos Aires. Tras permanecer uns minutos interrompendo a circulación regresaron ocupando a calzada cara ao centro do barrio antes de disolver a protesta. Dende a CIG explicaron que as mobilizacións continuarán este mesmo xoves cunha marcha a pé entre Moaña e Cangas -localidades que contaron historicamente con milleiros de empregados do naval entre os seus veciños/as- que comezará no peirao moañés ás 11.00 horas. O calendario de protestas deste mes pecharase o xoves 26 de xaneiro cunha manifestación en Vigo. A marcha sairá de Vía Norte ás 20.00 horas e rematará no edificio da Xunta.

O PP DE ARBO ACUSA AO ALCALDE DE PERMITIR BOICOTEAR UN PLENO CO FIN DE EVITAR O CONTROL DA OPOSICIÓN

Os populares sosteñen que Xavier Simón deulle palabra as persoas asistentes á sesión plenaria do pasado sábado que fixeron preguntas baseadas en graves e falsas insinuacións e con actitudes de menosprezo cara ao Partido Popular, todo elo xa premeditado dada a súa afinidade co BNG

O rexedor local chegou ao extremo de poñer en dúbida a honestidade do persoal do Concello

"Amósate a ti mismo"Presentación cultural COAG

DÍA E HORA: 19 de enero ás 20.00 horas.

ASUNTO: Presentación da exposición “Amósate a ti mesmo”, que consta de 44 proxectos arquitectónicos que colexiados vigueses queren amosar á cidadanía e aos seus compañeiros. Ademáis, o estudio vigués BMJ, composto por dúas arquitectas, impartirá una conferencia sobre o seu traballo e a situación da profesión, inaugurando así o ciclo “Un tras outro” que dará cabida aos estudios máis destacados da cidade. Ambas iniciativas están organizadas pola comisión de cultura do COAG e supoñen o inicio das actividades para este ano 2012

LUGAR: Sede do Colexio Oficial de Arquitectos (Doctor Cadaval,5). Sala de usos múltiples (conferencia) e primeira e segunda planta (exposición).

Programaci​ón La Fábrica de Chocolate Club 20 – 21 enero 2012

 

VOLTAICA

Entrada: 4€ ant/ 5€ taq e 7€ CD + entrada

Viernes 20 de                          enero, 22.00 h
ELASTIC BAND

Anticipada: 8 € en La                        Boletería y Elepé

Taquilla: 10 €
Sábado 21 de enero,                            22:00 h.

O 26 de xaneiro comeza a súa andaina en Vigo a Fundación Irene Megías contra a meninxite

  E l Regidor Abel Caballero avanzou na mañá deste martes a posta en marcha en Galicia da Fundación Irene Megías contra a meninxite, a única entidade sen ánimo de lucro que loita en España contra esta enfermidade. Na rolda de prensa, Caballero trasladou aos responsables da ONG toda a “cooperación e recoñecemento desde Alcaldía” e comprometeu a súa asistencia ao acto de presentación oficial que terá lugar o próximo día 26 no edificio municipal do Areal, coa a presenza de profesionales reacionados coa enfermidade. Durante a rolda de prensa, Caballero trasladou a Jorge Megías, presidente, e Cristina Regojo, directora rexional para Galicia, “toda a cooperación e recoñecemento desde a Alcaldía de Vigo para pelexar contra esta enfermidade”.

Noticias Ayuntamiento de Vigo -17-01-12


Caballero adianta que a humanización do inicio da Avenida Castelao estará rematada en dous meses

O alcalde visitou este martes o inicio dos traballos de humanización da Avenida Castelao, en Coia, entre os números 1 e 9, un “compromiso” adquirido polo goberno local que estará rematado nun prazo estimado de dous meses. Abel Caballero, quen explicou que esta reforma custa 125.000 euros, avanzou que estase a estudar a mellora da regulación semafórica no entorno para gañar seguridade e facilitar a mobilidade dos peóns.

 

O Concello solicitou por escrito o proxecto de Cidade da Xustiza

Segundo explicou hoxe martes o alcalde vigués, a xerente de Urbanismo, María Carneiro, solicitou por escrito á delegación da Xunta en Vigo o proxecto definitivo da Cidade da Xustiza. Na carta solicítase o novo documento para comprobar que neste caso si se adapta ao PXOM, non como o proxecto anteriormente presentado pola Xunta, que era “ilegal”.

Ayuntamiento de Porriño

  EL CENTRO CULTURAL DE PORRIÑO ACOGE UN ENCUENTRO DEL PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2012

La Concejalía de Juventud del Concello do Porriño informa de la celebración de este acto, este jueves a las 18.30 horas, dirigido a todos los jóvenes de hasta 30 años, así como a técnicos y responsables locales en materia de juventud El objetivo principal del programa se centra en ofrecer apoyo financiero a iniciativas juveniles impulsadas por grupos de jóvenes. En la reunión se escucharán y atenderá a todas las inquietudes y dudas planteadas.

EL CONCELLO DO PORRIÑO INFORMA DE LA CONVOCATORIA DE PRUEBAS PARA LA OBTENCIÓN DE CARNÉS Y HABILITACIONES PROFESIONALES

Se trata de una orden emitida por la Xunta de Galicia mediante la cual se realizarán exámenes encaminados a la obtención de los carnés profesionales y de las habilitaciones profesionales para el año 2012 en diferentes especialidades

 la web www.concellodoporrino.net

TRABALLO DESTINA 7,4 MILLÓNS A ACCIÓNS DE INFORMACIÓ​N, ORIENTACIÓ​N E BUSCA DE EMPREGO QUE PERMITIRÁ HABILITAR A MÁIS DE 240 TÉCNICOS

 

  • A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López presentou hoxe as novidades destas axudas para 2012
  • Destacou que a convocatoria de axudas fomenta este ano a figura das mancomunidades ou outras agrupacións de municipios, xa que no reparto das subvencións se garantirá a existencia dun mínimo de persoas desempregadas para que os servizos de orientación se presten alí onde máis se precise
  • Explicou que a iniciativa é unha medida activa de emprego dirixida á mellora da capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas a través da información e a orientación profesional personalizada
  • Díaz López expuxo que en 2011 máis de 19.000 persoas se beneficiaron dos servizos de orientación na área metropolitana de Vigo Leer Más…

Santiago Montes é o novo secretarioxeral do Sindicato de Xornalistas de Galicia

Santiago de Compostela, 17 de xaneirode 2012.- O Consello do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG)nomeou por unanimidade secretario xeral a Santiago Montes. Onomeamento é parte dunha reestruturación da Xunta Executiva.Santiago Montes (Compostela, 1969) era até o de agora delegado deOrganización.

Novo secretario xeral

O dirixente instou a “traballarconxuntamente con máis forza e iniciativa ante a complicadasituación que está a pasar o xornalismo e os conflitos laborais esociais que se prevén no futuro inmediato”. Santiago Montes taménchama a “aumentar os niveis de afiliación sindical e participaciónentre os traballadores, sen o cal sería imposible acadar a forzapara resultar efectivos na loita contra a precariedade e odesemprego”. O novo secretario comprométese a traballar paraacadar unha maior visibilidade do traballo do SXG e da súa presenzanas empresas así como unha melloría na organización internasindical.

Rebaixa das cotas para os traballadoresen peor situación

Por outra banda, os representantes dostraballadores acordaron manter un ano máis, e xa son seis,conxelados os tramos de cotas de afiliación, que son progresivas.Ademais, a partir de setembro haberá rebaixas para axudar aostraballadores en situacións máis precarias.

Así os asalariados que se declaren enquebra tamén poderán beneficiarse da cota mínima, dous euros pormes, de igual xeito que xa facían parados e estudantes bolseiros. Oseguinte tramo, para os que teñan ingresos de até 720 euros ao mes,baixa máis do 16 %, quedando en dous pagos semestrais de 20 euros.

As cotas de afiliación son hoxe aúnica fonte de financiamento do SXG e garanten a súa independenciae operatividade. Con todo, o Consello Directivo é consciente da“dura situación pola que están a pasar moitos profesionais dacomunicación”.

Previsións económicas Ademais, o Consello Directivo aprobou oinforme de finanzas do SXG do 2011 e tomou nota das previsiónseconómicas para o 2012. A pesares da suba das afiliaciónsm osingresos caerían até un 5% polos “recortes nos soldos que está asufrir o xornalismo como o resto do sectores e polos altos índicesde paro na profesión, superiores con moito ao índice xeral”. Leer Más…