Santiago Montes é o novo secretarioxeral do Sindicato de Xornalistas de Galicia

Santiago de Compostela, 17 de xaneirode 2012.- O Consello do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG)nomeou por unanimidade secretario xeral a Santiago Montes. Onomeamento é parte dunha reestruturación da Xunta Executiva.Santiago Montes (Compostela, 1969) era até o de agora delegado deOrganización.

Novo secretario xeral

O dirixente instou a “traballarconxuntamente con máis forza e iniciativa ante a complicadasituación que está a pasar o xornalismo e os conflitos laborais esociais que se prevén no futuro inmediato”. Santiago Montes taménchama a “aumentar os niveis de afiliación sindical e participaciónentre os traballadores, sen o cal sería imposible acadar a forzapara resultar efectivos na loita contra a precariedade e odesemprego”. O novo secretario comprométese a traballar paraacadar unha maior visibilidade do traballo do SXG e da súa presenzanas empresas así como unha melloría na organización internasindical.

Rebaixa das cotas para os traballadoresen peor situación

Por outra banda, os representantes dostraballadores acordaron manter un ano máis, e xa son seis,conxelados os tramos de cotas de afiliación, que son progresivas.Ademais, a partir de setembro haberá rebaixas para axudar aostraballadores en situacións máis precarias.

Así os asalariados que se declaren enquebra tamén poderán beneficiarse da cota mínima, dous euros pormes, de igual xeito que xa facían parados e estudantes bolseiros. Oseguinte tramo, para os que teñan ingresos de até 720 euros ao mes,baixa máis do 16 %, quedando en dous pagos semestrais de 20 euros.

As cotas de afiliación son hoxe aúnica fonte de financiamento do SXG e garanten a súa independenciae operatividade. Con todo, o Consello Directivo é consciente da“dura situación pola que están a pasar moitos profesionais dacomunicación”.

Previsións económicas Ademais, o Consello Directivo aprobou oinforme de finanzas do SXG do 2011 e tomou nota das previsiónseconómicas para o 2012. A pesares da suba das afiliaciónsm osingresos caerían até un 5% polos “recortes nos soldos que está asufrir o xornalismo como o resto do sectores e polos altos índicesde paro na profesión, superiores con moito ao índice xeral”. O Consello Directivo tamén aprobou apresentación ante a Administración de “medidas de recuperacióneconómica e laboral do sector da comunicación e de impulso ácompetitividade e calidade da sociedade da información en Galicia”.Estás iniciativas están en proceso de elaboración e poranse enmarcha previsiblemente dentro do primeiro trimestre deste ano. O SXGbuscará o apoio de outras organizacións e entidades representativaspara sacalas adiante.

O Sindicato de Xornalistasde Galicia creouse en 2005, desde entón acadou representación noscomités de empresa de Diario de Ferrol, Xornal de Galicia, LaRegión, Radio Coruña, CRTVG e La Voz de Galicia. Nestes catroúltimos mantén arestora representantes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: