TRABALLO DESTINA 7,4 MILLÓNS A ACCIÓNS DE INFORMACIÓ​N, ORIENTACIÓ​N E BUSCA DE EMPREGO QUE PERMITIRÁ HABILITAR A MÁIS DE 240 TÉCNICOS

 

  • A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López presentou hoxe as novidades destas axudas para 2012
  • Destacou que a convocatoria de axudas fomenta este ano a figura das mancomunidades ou outras agrupacións de municipios, xa que no reparto das subvencións se garantirá a existencia dun mínimo de persoas desempregadas para que os servizos de orientación se presten alí onde máis se precise
  • Explicou que a iniciativa é unha medida activa de emprego dirixida á mellora da capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas a través da información e a orientación profesional personalizada
  • Díaz López expuxo que en 2011 máis de 19.000 persoas se beneficiaron dos servizos de orientación na área metropolitana de Vigo
  • Vigo (Pontevedra), 17 de xaneiro de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá en toda Galicia un total de 7,4 millóns de euros para a concesión de axudas e subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca do emprego (accións IOBE). Esta orde, que xa saíu publicada a semana pasada no Diario Oficial de Galicia (DOG), financiará accións por período máximo dun ano: desde o 1 de febreiro de 2012 ata xaneiro de 2013. Grazas a este investimento, as entidades beneficiarias destas axudas poderán chegar a habilitar en toda Galicia a uns 240 técnicos de orientación, que se encargarán de prestar asesoramento e información aos desempregados. Así o explicou hoxe en Vigo a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, quen expuxo as novidades desta convocatoria de axudas, unha iniciativa que permitiu o ano pasado na provincia pontevedresa contratar a 81 orientadores profesionais, dos que 42 foron na área metropolitana de Vigo. Os servizos de orientación beneficiaron aproximadamente a máis de 19.000 persoas en paro na zona viguesa e a preto de 36.000 en toda a provincia de Pontevedra. Estas axudas diríxense ás entidades como concellos, universidades ou organizacións sen ánimo de lucro que desenvolvan labores de información, orientación e busca de emprego mediante itinerarios personalizados de inserción ocupacional para mellorar as posibilidades de incorporación ao mercado laboral dos demandantes do Servizo Público de Emprego. A responsable da área autonómica apuntou, con respecto ás entidades locais, que este ano, como novidade, introduciuse para o reparto destas axudas un criterio de redistribución xeográfica, co obxectivo de que “os servizos de orientación se presten nas entidades locais que o precisan polo seu nivel de paro rexistrado para evitar que os demandantes teñan que desprazarse moitos quilómetros”, apuntou. Por iso, sinalou que se está a esixir que as entidades garantan a existencia dun mínimo de persoas desempregadas do seu territorio, un total de 500, ou que se presenten baixo a figura das mancomunidades ou outras agrupacións de municipios. Neste senso, Díaz López incidiu “na necesidade de potenciar que os concellos mancomunen servizos”. Outra das novidades que se incluíron na convocatoria de subvencións de 2012 é a ampliación da definición das accións de información, orientación e busca de emprego a ámbitos como a prospección de empresa e asesoramento en procesos de recoñecemento da experiencia, na liña do que marca o Espazo Económico Europeo (EEE).

A última das novidades refírese á introdución dun criterio de control e penalización na realización das accións subvencionadas.

O labor dos orientadores

Os técnicos que se contraten a través destas axudas, que xa se poden solicitar, encargaranse, entre outras funcións, de elaborar diagnoses individualizadas sobre o perfil e necesidades dos desempregados; proporcionar información sobre o mercado de traballo e os distintos incentivos; deseñar itinerarios individuais e personalizados de emprego; contactar con empresas para difundir as súas iniciativas e realizar unha prospección das necesidades das empresas; ou informar sobre a oferta de accións de formación profesional ou o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas. A través desta orde subvenciónanse os custos de persoal das entidades colaboradoras externas que acheguen os recursos humanos, técnicos e materiais necesarios para levar a cabo as devanditas actuacións. Co financiamento destas accións en materia de orientación, a Consellería busca facilitar a inserción e reincorporación laboral dos desempregados, ademais de favorecer a súa mobilidade profesional no mercado de traballo e dar apoio para que os destinatarios tomen as decisións máis axeitadas respecto das súas necesidades formativas, segundo apuntou Díaz López. De feito, precisou que é “unha das medidas incluídas nas políticas activas de emprego deste departamento”. Tamén explicou que se procura mellorar a empregabilidade dos traballadores e desenvolver o espírito emprendedor e as iniciativas de autoemprego. “Traballo e Benestar pretende potenciar, ademais, unha participación activa no procedemento de acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral”, afirmou. En definitiva, a directora xeral de Formación e Colocación indicou que “se trata dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas a través da información e a orientación profesional personalizada, no marco das directrices de emprego da Unión Europea e os plans nacionais de acción para o emprego

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: