LOUZÁN SINALA QUE A COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE DA FEMP, QUE PRESIDE, FORMULARÁ DIVERSAS MATIZACIÓNS Á NOVA LEI DE COSTAS

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presideu hoxe en Madrid a xuntanza constitutiva da Comisión de Medio Ambiente, que él mesmo preside dentro da Federación de Municipios e Provincias (FEMP).

A devandita comisión será a interlocutora co Ministro de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, para os asuntos que afecten ó municipalismo español.

Entre os temas abordados na xuntanza de hoxe figuran a postura dos alcaldes españoles en canto á nova Lei de Costas que terá unha especial incidencia na provincia de Pontevedra no en van conta con 570 kilómetros de litoral. A comisión da FEMP realizará diversas matizacións á redacción da nova lei que busca armonizar as actividades que xeneren crecimiento económico coa protección de recursos mariños e do Medio.

A comisión da FEMP que preside Louzán concretou tamén algunhas actuacións estratéxicas para o periodo 2011-2015. Entre elas figura o proxecto denominado <Fomento del Empleo Verde>; actuacións de boas prácticas do Hábitat; campañas de bandeiras azuis, vixilancia en praias, etc.; a participación do municipalismo nos traballos derivados da nova Lei de Residuos e do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética; o programa de prevención de ruidos nos concellos; e, entre outros, en diversos plans de reducción de emisión de CO2, preservación de biodiversidade e usos sostibles da auga.

Louzán mostrou a súa satisfacción polo feito do peso específico da comisión que preside e que se deriva da circunstancia de ser interlocutores permanentes co Goberno en asuntos que afecten ó Medio Ambiente.

Sinalou que é a primeira vez que recae nunha institución pontevedresa a presidencia da citada comisión e dixo que <será unha oportunidade para a provincia pois son os moitos os temas que lle afectan directamente>.

A comisión de Medio Ambiente da FEMP está presidida por Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, e constituida por 13 representantes do PP, 9 do PSOE e un de Izquierda Unida, CIU e independentes, respectivamente. A vicepresidencia recaeu no socialista alcalde de Eibar (Guipúzcoa), Miguel de los Toyos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: