MARCO: últimos días expo YANA + acto Grupo IMÁN

DATAS

21       outubro 2011 – 22 xaneiro 2012

LUGAR

Salas       de exposición da planta baixa

HORARIO

Martes       a sábados (festivos incluídos)

de       11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos,       de 11.00 a 14.30

COMISARIAS

Hilde Teerlinck & Irene       Aristizábal

PRODUCIÓN

Exposición coproducida por MARCO, Museo de Arte Contemporánea       de Vigo, Fundación ArtAids e Fundació Joan Miró, co apoio e colaboración       do Sr. Han Nefkens

Latifa Echakhch. Tkaf,       2011 .-O departamento de Comunicación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lémbralles que esta é a derradeira semana para visitar a exposición YOU ARE NOT ALONE, que se clausura este domingo 22 de xaneiro. Esta mostra colectiva, coproducida por MARCO, Fundación ArtAids e Fundació Joan Miró, reúne obras de 18 artistas contemporáneos de todo o mundo, cunha mirada innovadora sobre a causa, as consecuencias e o contexto actual do VIH/SIDA, así como sobre as formas para combatelo. A Fundación ArtAids utiliza a arte como medio de loita contra o VIH/SIDA, convidando a artistas recoñecidos a producir obras de arte, que son utilizadas como medio de sensibilización e dunha maior implicación. ArtAids foi fundada polo mecenas e escritor de orixe holandesa residente en Barcelona, Han Nefkens.

Convocatoria acto simbólico

Con motivo da próxima clausura da exposición YOU ARE NOT       ALONE

Programa       Grupo de Autoaxuda VIH-SIDA e Adicións IMÁN

da       Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de       Vigo

·          Data: venres 20 de xaneiro

·          Lugar: fachada principal, R/ Príncipe

·          Horario: ás 12.00

Por       iniciativa do Programa Grupo de Autoaxuda VIH-SIDA e Adicións IMÁN da       Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo, este venres       20 de xaneiro ás 12.00 terá lugar fronte á fachada principal do MARCO unha       actividade sociocomunitaria con motivo da próxima clausura da exposición       YOU ARE NOT ALONE.

“O       Grupo Imán pretende recoñecer así ante o conxunto da cidadanía o valor       desta iniciativa, coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de       Vigo, a Fundación ArtAids e a Fundació Joan Miró, que supón unha forma       verdadeiramente innovadora de sensibilizar á opinión pública sobre o       VIH-SIDA a través da arte”.-No       transcurso deste acto, o Grupo Imán confeccionará nas escaleiras do MARCO       un grande lazo vermello mediante a técnica do trencadís. O       devandito acto inscríbese na liña de actividades paralelas da exposición       YOU ARE NOT ALONE, organizadas dende o MARCO en colaboración con distintas       entidades, asociacións e ONG.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: