Noticias Ayuntamiento de Vigo 18-01-12


O alcalde propón á Xunta de Galicia cofinanciar as reformas necesarias nos colexios públicos de Vigo

Nunha reunión con directores de colexios públicos de Vigo de Infantil e Primaria, Abel Caballero indicou que remitirá novamente ao goberno autonómico o listado de melloras pendentes nos centros públicos vigueses, estimadas en 22 millóns de euros, e “se o fan, estamos dispostos a cooperar no financiamento”. O rexedor recordou que, no anterior mandato, o Concello adicou 12,5 millóns á educación pública de Vigo e “o noso plantexamento é aumentalo” no actual.

 


O Concello cooperará cos propietarios de 600 vivendas de Coia para dotar a 74 edificios de ascensores

Abel Caballero avanzou a súa intención de liderar un proxecto que permita que 600 vivendas de Coia, de edificios dos anos 50 e 60, dispoñan de ascensor interior. O obxectivo é que propietarios e Concello, con axudas do Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación, cooperen na busca de fórmulas de finazamento para viabilizar unha iniciativa da que se beneficiarían a 1.500 veciños da zona.

 


Mostra bibliográfica de libros de cociña e club de lectura na Biblioteca Xosé Neira Vilas

A Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas expon unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo relacionado co mundo da cociña, como parte das actividades de “Sopa de letras”; tamén está previsto para o xoves a xuntanza 20 horas do club de lectura.

 


Últimos días da exposición YOU ARE NOT ALONE no MARCO


O MARCO clausura o vindeiro domingo 22 de xaneiro a exposición YOU ARE NOT ALONE, mostra colectiva, coproducida por MARCO, Fundación ArtAids e Fundació Joan Miró, e que reúne obras de 18 artistas contemporáneos de todo o mundo, cunha mirada innovadora sobre a causa, as consecuencias e o contexto actual do VIH/SIDA, así como sobre as formas para combatelo. Con motivo da clausura o venres, ás 12 horas, terá lugar un acto simbólico de concienciación no que o Grupo Imán confeccionará nas escaleiras do MARCO un grande lazo vermello mediante a técnica do trencadís.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: