Máis de medio milleiro de persoas marchan entre Moaña e Cangas en defensa dos postos de traballo no sector

  O calendario de mobilizacións da CIG para este mes rematará o xoves 26 cunha manifestación dende Vía Norte a partir das 20.00 horas

VIGO/19-01-12

Máis de 500 persoas participaron esta mañá na marcha en defensa do naval convocada pola CIG no Morrazo, comarca que ten máis dun milleiro de traballadores/as do sector no paro. A mobilización arrincou pasadas as 11.00 horas da estación marítima de Moaña e rematou na Alameda de Cangas unhas dúas horas despois, tras recorrer a pé os cinco quilómetros que separan as dúas vilas ocupando un só carril. Os participantes repartiron folletos explicando a situación do sector e as repercusión que a súa desaparición tería para a economía da comarca, ademais de reclamar a implicación dos alcaldes dos concellos afectados.

Máis dun cento de traballadores/as e membros de comités de empresas afectadas chegaron a Moaña no barco de Vigo pouco antes das 11.00 horas. Aproveitaron o traxecto para despregar unha faixa na parte dianteira do catamarán na que se podía ler “Salvemos o sector naval”. En terra agardábaos outro importante grupo de compañeiros/as, ás que posteriormente se lles foron sumando veciños e veciñas da vila, até superar as 500 persoas.

Dende a estación marítima partiron cara ao veciño concello de Cangas ocupando un dos carrís da estrada. O traxecto estivo rodeado dun ambiente reivindicativo e festivo. Berráronse consignas reclamando unha solución para a grave crise que padece o sector e tamén se escoitou música tradicional galega.

A mobilización rematou dúas horas despois na Alameda Vella de Cangas coa intervención do responsábel do Naval da CIG e a interpretación do Himno Galego. César Rodríguez insistiu na necesidade de seguir coas mobilizacións como único xeito de salvar unha industria fundamental para a economía de Vigo e das comarcas próximas. “No Morrazo hai máis dun milleiro de traballadores/as do naval que están no paro e botamos de menos a implicación dos alcaldes, que non están a facer nada para buscar solucións”, censurou.

Tamén lles volveu reclamar ao Goberno español e á Xunta de Galiza a aprobación dunha lei que modifique o imposto de sociedades, o que permitiría establecer un novo sistema para incentivos na construción de barcos. Lembrou que isto foi precisamente o que fixo o Estado francés cando a Unión Europea suspendeu o seu sistema de contratación. “Por que o noso sector se atopa así e máis de 10.000 traballadores/as non teñen emprego?”. A resposta a esta pregunta, na súa opinión, é moi sinxela: “por falta de vontade política”.

Diante disto, reiteran as nefastas consecuencias que tería para a economía de Vigo e das comarcas próximas a desaparición do sector. “A perda de 10.000 empregos directos afectará tamén ao comercio, á hostalaría, ao transporte, a todos e todas nós”. Finalmente, lanzan outra pregunta a modo de advertencia: “Que futuro de emprego terán as vindeiras xeracións?”.

Finalmente, animou a todos/as os presentes a participar na manifestación convocada pola CIG en defensa do sector o vindeiro xoves 26 de xaneiro en Vigo. A marcha partirá de Vía Norte a partir das 20.00 horas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: