Archivo | enero 20, 2012

A CIG chama á veciñanza de Vigo a implicarse na defensa do naval como único xeito de salvar a economía da comarca

 O calendario de mobilizacións da CIG para este mes remata o xoves 26 de xaneiro cunha manifestación dende Vía Norte ás 20.00 horas

 VIGO/20-01-12

A CIG fai un chamamento á veciñanza de Vigo para que acuda á manifestación en defensa do naval convocada para este xoves 26 de xaneiro na cidade xa que entende que só coa mobilización se conseguirá salvar un sector do que depende boa parte da economía da comarca. A marcha partirá de Vía Norte ás 20.00 horas e rematará diante do edificio da Xunta de Galiza. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA PREMIA A CLIENTES E COMERCIANTES DAS PRAZAS DE ABASTOS NA CAMPAÑA ‘ESTE INVERNO PRESUME DE PRACEIRO/A’

 – A directora xeral de Comercio, Nava Castro, participou esta mañá en Marín no sorteo e entrega de premios desta iniciativa, que ten por obxectivo poñer en valor o traballo dos praceiros e praceiras

§ A campaña enmárcase na aposta da Consellería por posicionar as prazas como líderes na venda do produto fresco e perecedoiro

-No sorteo repartíronse bonos de 75, 50 e 25 euros para gastar no mercado entre os clientes que votaron ao mellor praceiro

FEIJÓO: “O FUTURO PASA POR PROSEGUIR COAS POLÍTICAS DE CONTROL DE DÉFICIT PÚBLICO, DE DISCIPLINA ORZAMENTARIA E, A PARTIR DE AÍ, PROSEGUIR COAS POLÍTICAS DE INCENTIVACIÓN AO SECTOR INDUSTRIAL”

 O presidente do Goberno galego interveu, no xantar-coloquio organizado polo Club Financeiro de Vigo-Círculo de Empresarios de Galicia

 Destaca que, no que vai de lexislatura, a Xunta atendeu a 8.000 pequenas e medianas empresas da comarca de Vigo, desde o punto de vista de facilitar créditos, avais e axudas

-Reitera que, a pesar da crise económica, o Goberno galego mantén os compromisos das grandes infraestruturas pendentes en Vigo

– Afirma que a Xunta segue comprometida “cos estaleiros da Ría de Vigo, con todos os estaleiros privados da Ría de Vigo e da Ría de Pontevedra” e di que seguirá a traballar “na medida das súas posibilidades” para convencer a Pymar e, tamén, para influír no Ministerio de Industria e dar unha oportunidade a Vulcano

– Destaca que as políticas iniciadas de austeridade e disciplina presupostaria e control do déficit público están dando resultados: “Mentres hai outras comunidades que están sometidas a profundas restricións orzamentarias e dificultades de pago e de liquidez, Galicia segue sendo unha comunidade solvente

FEIJÓO GARANTE, A PESAR DA CRISE ECONÓMICA, O COMPROMISO DA XUNTA COS RETOS “CLAVE” DE VIGO E A SÚA COMARCA COMO A DEPURADORA, O NOVO HOSPITAL PÚBLICO E A ÁREA METROPOLITANA

O presidente do Goberno galego destaca a calidade humana, a disposición de servizo público e a experiencia da nova delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo

 Agradece a María José Bravo a súa disponibilidade e convócaa a traballar para continuar o labor desempeñado nesta Delegación territorial

§ Afirma que, logo de case tres anos, o “bo funcionamento” da nova administración periférica da Xunta está contrastada. “Acredita que é posible con cinco delegacións suplementar todas as 55 delegacións anteriores na estrutura administrativa que deixamos sen efecto”

§ Salienta que con este modelo de delegacións gáñase en proximidade e en eficiencia, cun aforro, no que vai de lexislatura, de 12 millóns de eurosna estrutura periférica actual sobre a estrutura periférica anterior

MÁIS DUNHA DUCIA DE EMPRESAS GALEGAS EXPLORAN O MERCADO DE BRASIL CO APOIO DA XUNTA A TRAVÉS DA REDE PEXGA EN SAN PAULO

Esta oficina comercial, que atende ás firmas galegas que están a estudar oportunidades e alianzas en Brasil, acolle provisoriamente a varias empresas galegas que preparan a súa implantación directa

§ A presenza nunha economía emerxente como Brasil perfílase como unha grande oportunidade para as empresas galegas

§ A industria petrolífera e naval, a construción, o software, as enerxías renovables ou os produtos alimentarios de calidade son os sectores que están a presentar mellores oportunidades de negocio ou alianza para as empresas galegas

"As Viagens de S. Teotónio a Jerusalém" em Valença

Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença ”Nos 850 anos de São Teotónio evocamos a figura de um valenciano que foi uma das figuras centrais da formação de Portugal e da expansão do cristianismo”.

          “As Viagens de São Teotónio a Jerusalém” é uma mostra sobre as viagens do primeiro santo português à Terra Santa patente ao público no Núcleo Museológico de Valença, até 18 de Fevereiro.

          Estatuária, medalhística, filatelia, publicações, réplicas de embarcações e indumentárias da época dão corpo a esta mostra que se distribui pelos três pisos do museu valenciano.

          Um espaço infantil vai permitir, aos mais jovens, desenvolver vários trabalhos sobre a figura de São Teotónio, num workshop permanente.

          As Viagens de São Teotónio à Terra Santa inscrevem-se nos roteiros dos peregrinos da Idade Média o que se traduz, historicamente, na vasta implantação do cristianismo na Península Ibérica, apesar das dificuldades impostas pela ocupação árabe.

          São Teotónio fez uma primeira viagem em 1112 e uma segunda aproximadamente dez anos mais tarde.

          Esta atividade insere-se na comemoração dos 850 anos de S. Teotónio organizados pela Câmara Municipal de Valença e a Confraria de S. Teotónio.

Noticias Ayuntamiento de Vigo 20-01-12


Caballero presenta unha nova aplicación para coñecer en tempo real a frecuencia de paso do autobús urbano

O alcalde presentou este venres “Bus Vigo”, a nova aplicación para móbiles Android de VITRASA que permitirá ao usuario coñecer en tempo real a frecuencia de paso dos autobuses, localizar a parada máis próxima e calcular a mellor ruta para desprazarse en bus pola cidade. Esta ferramenta é totalmente gratuíta, sinxela e intuitiva, coa que preténdese ampliar e mellorar as canles de información do transporte público de Vigo.

 


O alcalde téndelle a man á nova delegada da Xunta de Galicia en Vigo

Tras o nomeamento onte de María José Bravo como nova delegada da Xunta de Galicia en Vigo, en substitución de Lucía Molares, Abel Caballero quixo este venres darlle a benvida e tenderlle a man desde o goberno local. O alcalde agarda que Bravo cumpra a súa “función” e “convenza á Xunta para que faga o que Vigo necesita”, tras o que desexoulle sorte a Molares na súa nova etapa profesional en Madrid.

 


O rexedor repasa a situación das dotacións xudiciais na cidade con responsables de CCOO

Abel Caballero mantivo na mañá de hoxe venres unha reunión con responsables de xustiza de CCOO para analizar e contrastar opinións sobre a situación que atravesa este servizo público na cidade. O rexedor, entre outras cuestións, trasladoulles a situación real no que se atopa o proxecto da Cidade da Xustiza dous días despois de que o Concello recibira o documento de xeito oficial por primeira vez, cun retraso de máis de tres anos. Reiteroulles que a pretensión da Xunta é que o Concello asuma unha “competencia impropia para que non temos finanzamento”.

 


Contacontos “A hora dos contos”

A Biblioteca Xosé Neira Vilas acolle, cada terceiro sábado de mes, “A hora dos contos”, o club da biblioteca para os máis pequenos.

 



David Russell

VII edición dos Premios Honoríficos David Russell para novos talentos

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo (rúa Fotógrafo Felipe Prósperi s/n) celebra este fin de semana o sábado 21 e o domingo 22 a sétima edición dos Premios Honoríficos “David Russell” para novos talentos. Os concertos son abertos ao público, de entrada gratuíta, e levaranse a cabo no auditorio do Conservatorio.

 


100 anos con Álvaro Cunqueiro “No niño novo do vento…”

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle a exposición itinerante No niño novo do vento, enmarcada nas actividades que se programan baixo ‘Cien años con Álvaro Cunqueiro 1911-2011’ co que se conmemora o centenario do nacemento do escritor galego

 

Cursos e exames de lingua galega CELGA

 

Pechada ao tráfico os camiños Carballal,Regueiro e rúa Robleda

2012 seguimos en Ruta – 14-01-12

  DESTINATARIOS

Nenos/as a       partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas

DATAS

A partir do 14 de xaneiro de       2012

LUGAR

Laboratorio das Artes (1º andar)

HORARIO

Sábados e domingos de 12.00 a 14.00

PREZO

·                3 € por neno/a

·                Adultos acompañantes: entrada gratuíta Leer Más…

Nuevo disco de The Gift a la venta el lunes 23 de enero

  The Gift nos sorprenden     con un nuevo trabajo: “Primavera” (La Folie –                Esmerarte), tras la publicación el pasado mes              de abril de su esperadísimo “Explode”.

“Primavera” saldrá                a la venta el próximo lunes 23 de                enero en España. Son 12 nuevos temas              grabados recientemente durante 10 días en su mayoría en el              Centro Cultural de Belém. Leer Más…

Agenda Club Financiero

MARTES, 24 DE ENERO

 

  • Celebración del duodécimo aniversario del Foro de Urbanismo e Infraestructuras.

LUGAR: Sala Arquitecto Palacios

HORA: 20:00

El Foro de Urbanismo e Infraestructuras del Círculo de Empresarios de Galicia celebra su duodécimo aniversario con la proyección de la película ‘Novo Vigo Vello’ y una charla del gerente del Consorcio Casco Vello de Vigo, Alfonso Ramos sobre la recuperación del casco histórico de Vigo. Posteriormente, tendrá lugar la tradicional cena de aforados. Leer Más…