A CIG chama á veciñanza de Vigo a implicarse na defensa do naval como único xeito de salvar a economía da comarca

 O calendario de mobilizacións da CIG para este mes remata o xoves 26 de xaneiro cunha manifestación dende Vía Norte ás 20.00 horas

 VIGO/20-01-12

A CIG fai un chamamento á veciñanza de Vigo para que acuda á manifestación en defensa do naval convocada para este xoves 26 de xaneiro na cidade xa que entende que só coa mobilización se conseguirá salvar un sector do que depende boa parte da economía da comarca. A marcha partirá de Vía Norte ás 20.00 horas e rematará diante do edificio da Xunta de Galiza. Con esta mobilización remata o calendario de protestas da CIG para o mes de xaneiro, tal e como explicaron hoxe en rolda de prensa o secretario comarcal de Vigo e os responsábeis comarcal do Metal e nacional do Naval, Serafín Otero, Manolo Simón e César Rodríguez, respectivamente. Otero incidiu na necesidade de saír á rúa para presionar aos Gobernos español e galego para que traballen na busca de solucións á crise do sector. O máximo responsábel da CIG de Vigo lembrou que moitos dos ex traballadores do naval atópanse nunha situación crítica unha vez que as prestacións se esgotaron e citou os datos do Valedor do Cidadán que cuantifica en 50.000 as persoas en situación de pobreza na cidade. Pola súa banda, o secretario nacional do Naval reclamou dos Gobernos español e galego que “asuman a súa responsabilidade e promovan un novo tax lease que sexa asumible por Europa”. César Rodríguez criticou que se leve seis meses a falar deste sistema de bonificación fiscal en lugar do verdadeiro problema “mentres o sector está a desaparecer e todas as empresas teñen EREs presentados”. Rodríguez indicou que a única saída para por que toda a comarca sinta o naval como un problema propio do que dependen outros moitos sectores da súa economía. Finalmente, esixiu que se depuren responsabilidades pola mala xestión dos estaleiros. O último en tomar a palabra foi Manolo Simón. O secretario comarcal da CIG-Metal de Vigo fixo un repaso polas últimas informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre o sector e asegurou que se Pymar non acepta a quita presentada por Vulcano “suporá o peche do estaleiro”. Simón amosouse partidario de apoiar as quitas aínda sendo consciente de que a gran prexudicada vai ser a industria auxiliar. “Iso si, o que ten que facer a Xunta é cambiar a dirección da empresa porque foi a responsábel de levala a dúas suspensións de pago; é imprescindíbel que se controle a quen xestiona cartos públicos”. Con respecto a Barreras, comentou que a guerra aberta estre os seus accionistas está a imposibilitar unha saída a curto prazo, polo que considera necesario agardar a ver quen se queda finalmente co estaleiro e que proposta achegan. Finalmente, quixo deixar moi claro que no caso de que non se atopen solucións urxentes en 2012 non vai existir carga de traballo no sector e augurou a desaparición de todas as empresas “serias” a proliferación das “piratas”, aquelas que non contan con infraestrutura.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: