Noticias Ayuntamiento de Vigo 20-01-12


Caballero presenta unha nova aplicación para coñecer en tempo real a frecuencia de paso do autobús urbano

O alcalde presentou este venres “Bus Vigo”, a nova aplicación para móbiles Android de VITRASA que permitirá ao usuario coñecer en tempo real a frecuencia de paso dos autobuses, localizar a parada máis próxima e calcular a mellor ruta para desprazarse en bus pola cidade. Esta ferramenta é totalmente gratuíta, sinxela e intuitiva, coa que preténdese ampliar e mellorar as canles de información do transporte público de Vigo.

 


O alcalde téndelle a man á nova delegada da Xunta de Galicia en Vigo

Tras o nomeamento onte de María José Bravo como nova delegada da Xunta de Galicia en Vigo, en substitución de Lucía Molares, Abel Caballero quixo este venres darlle a benvida e tenderlle a man desde o goberno local. O alcalde agarda que Bravo cumpra a súa “función” e “convenza á Xunta para que faga o que Vigo necesita”, tras o que desexoulle sorte a Molares na súa nova etapa profesional en Madrid.

 


O rexedor repasa a situación das dotacións xudiciais na cidade con responsables de CCOO

Abel Caballero mantivo na mañá de hoxe venres unha reunión con responsables de xustiza de CCOO para analizar e contrastar opinións sobre a situación que atravesa este servizo público na cidade. O rexedor, entre outras cuestións, trasladoulles a situación real no que se atopa o proxecto da Cidade da Xustiza dous días despois de que o Concello recibira o documento de xeito oficial por primeira vez, cun retraso de máis de tres anos. Reiteroulles que a pretensión da Xunta é que o Concello asuma unha “competencia impropia para que non temos finanzamento”.

 


Contacontos “A hora dos contos”

A Biblioteca Xosé Neira Vilas acolle, cada terceiro sábado de mes, “A hora dos contos”, o club da biblioteca para os máis pequenos.

 



David Russell

VII edición dos Premios Honoríficos David Russell para novos talentos

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo (rúa Fotógrafo Felipe Prósperi s/n) celebra este fin de semana o sábado 21 e o domingo 22 a sétima edición dos Premios Honoríficos “David Russell” para novos talentos. Os concertos son abertos ao público, de entrada gratuíta, e levaranse a cabo no auditorio do Conservatorio.

 


100 anos con Álvaro Cunqueiro “No niño novo do vento…”

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle a exposición itinerante No niño novo do vento, enmarcada nas actividades que se programan baixo ‘Cien años con Álvaro Cunqueiro 1911-2011’ co que se conmemora o centenario do nacemento do escritor galego

 

Cursos e exames de lingua galega CELGA

 

Pechada ao tráfico os camiños Carballal,Regueiro e rúa Robleda

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: