A DEPUTACIÓN CONVOCARÁ A COMISIÓN PROVINCIAL DE SEGURIDADE VIAL PARA REGULAR LÍMITES DE VELOCIDADE, DESEÑO PARA LOMBOS E OUTRAS NORMAS DAS ESTRADAS PROVINCIAIS

Participarán representantes de Tráfico, Xunta e Fomento

A Deputación de Pontevedra convocará nas vindeiras semanas unha Comisión Provincial de Seguridade Vial para regular límites de velocidade nas estradas provinciais, deseño e características dos lombos en rúas e vías para calmado do tráfico, puntos negros e outros elementos que inflúan na seguridade do tráfico e das personas.

Así o anunciou hoxe en rolda de prensa o presidente, Rafael Louzán, despois de anunciar que a institución provincial xa tén lista unha Ordenanza de Seguridade Vial pero que <queremos consensuala con Tráfico, sobre todo, coa Xunta e co Ministerio de Fomento>

A Ordenanza de Seguridade Viaria que tenta redactar a Deputación regulará os límites máximos de velocidade das estradas provinciais, en función do ancho da calzada e da existencia ou non de beiravías. Inclúe tamén uns criterios para homoxeneizar os dispositivos de calmado de tráfico que se esteblezan nestas vías.

Á marxe destas  normas, a Deputación elaborará unha clasificación dos distintos tramos da súa rede de estradas, así como un catálogo de puntos e tramos de vías de especial perigosidade e adaptará a velocidade a esta clasificación, podendo reducir os límites establecidos con carácter xeral, pero nunca sobrepasalos.

O catálogo de puntos de especial perigosidade servirá á Administración Provincial para a adopción de medidas especiais de seguridade viaria nestas zonas e, sobre todo, para poder establecer actuar de forma urxente sobre eles, xa que serán considerados tramos de actuación prioritaria.

O obxectivo desta nova regulamentación é incidir na mellora da seguridade nas estradas e contribuír a reducir o número de accidentes, algo que a Deputación provincial asume como un reto propio e un obxectivo ineludible

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: