ECONOMÍA E INDUSTRIA FACILITA A INNOVACIÓN E O EMPRENDEMENTO EN GALICIA MEDIANTE A DIFUSIÓN DE SOLUCIÓNS BIOTECNOLÓXICAS

Bic Galicia organiza este mércores un encontro en Santiago para detectar e divulgar oportunidades de negocio con potencial de aplicación en distintas actividades empresariais de Galicia

§ A xornada, que forma parte do proxecto Bioforo, estará centrada en novos materiais como bioplásticos e biotecidos téxtiles

Santiago, 23 de xaneiro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria, a través de  BIC Galicia, promove un encontro o vindeiro 25 de xaneiro para difundir entre empresarios e emprendedores galegos solucións innovadoras sobre bioplásticos e biotecidos téxtiles, co obxectivo de facilitar a innovación e o emprendemento en Galicia.

 A xornada, organizada en colaboración co grupo de investigación G4+ da Universidade de Vigo, desenvolverase no Museo Pedagóxico de Galicia a partir das 10:30 horas, e está aberta tanto a empresarios e emprendedores como a tecnólogos, investigadores e alumnos universitarios. A actividade servirá de peche ao proxecto Bioforo, orientado a detectar e divulgar oportunidades de negocio derivadas de solucións biotecnolóxicas  con potencial de aplicación en distintas actividades empresariais de Galicia. No marco do proxecto Bioforo desenvolvéronse durante os pasados meses de outubro e novembro dous encontros relacionados, respectivamente, cos bioplásticos e os biotecidos, e que reuniron a expertos en cada unha das áreas. A posta en común das conclusións servirá para analizar as tendencias dos mercados e para avaliar as posibilidades de desenvolvemento de solucións biotecnolóxicas que contribúan a impulsar novas actividades empresariais ou a mellorar o posicionamento das empresas galegas no mercado. A primeira parte deste encontro formativo especializado estará centrada nos bioplásticos, envases e embalaxes activos e intelixentes. Entre os participantes haberá representantes do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), da Área de nutrición e bromatoloxía  da Universidade de Vigo e do Centro de investigacións tecnolóxicas da Universidade da Coruña, así como o experto en I+D+i alimentario Antonio Sartal. A segunda parte da xornada do 25 de xaneiro estará dedicada aos biotecidos téxtiles, biofibras, materiais biodegradables e fibras téxtiles intelixentes. Participarán representantes do Clúster Galego de Téxtil-Moda, Cointega; do Laboratorio Ibércio de Nanotecnoloxía; do Citeve e da empresa Monsardi-Gonzabell, S.L.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: