FITUR 2012 : BALANCE

FITUR 2012 : BALANCE

1.- Pasaron polo stand de TRB 70.000 personas (200.000 por FITUR) favorecido por estar ó lado do stand de España e Madrid.

2.- Presentacións exitosas dos concellos e de Rías Baixas

  • 2,5 horas de tempo; 17 alcaldes máis o de Valença; moito público; 17 videos  moi aplaudidos (Nigrán, realización e modernidade).
  • Visitaron o stand o Príncipe Felipe e a princesa Letizia; o presidente Feijoo; Ministros como Ana Pastor ou Arias Cañete (que promocionou produtos  como o albariño, requesón, mel, etc.)…

3.- Intensa actividade pública e privada no stand:

  • Nas xuntanzas do presidente Louzán pecharonse temas importantes para a provincia (Hidalgo-voos a Vigo; Unipublic-trazado da Volta a España)
  • Empresas e empresarios privados (Ahosvi, empresarios hoteleiros, etc.) tiveron xuntanzas e chegaron a acordos con axencias, touroperadores, empresas de turismo, etc.
  • Empresas especializadas en Turismo Accesible dirixironse á Deputación para interesarse polas condicións para xestionar as Pousadas do Salnés.

4.- Un acierto asistir con Turgalicia: polo aforro (perto de 300.000 euros); por centralizar esforzos e aproveitar sinerxias de Galicia e da Xunta; pola altísima repercusión mediática; pola política de austeridade que non mermou, senón que incrementou o éxito.

5.- Promocionaronse, sobre todo, as liñas da política turística da Deputación e do organismo Turismo Rías Baixas:

  • O turismo de proximidade e fin de semana
  • As Rias Baixas no <top ten> dos 10 destiños turísticos principais de España (España, 4º lugar do mundo en recepción de turistas e o 2º en ingresos económicos: 53.000 millóns €)
  • Os pilares básicos do futuro:  turismo de Accesibilidade (Pousadas), o Enogastronómico (DO Rías Baixas, Gastronomía de calidade libro Rias Baixas), etc.
  • Os novos produtos: rutas de Sendeirismo, o Termalismo, o Turismo Naútico, A Volta a España, o turismo de cruceiros….
  • A calidade: hoxe 200 establecementos con diploma de excelencia. Na 6ª fase do Plan de Calidade, que agora iniciamos, optan outros 123. Somos a 2ª provincia en calidade (despois de Barcelona)

7.- O turismo nas Rias Baixas é sector estratéxico para potenciar o emprego pois repercute noutros sectores e no PIB

  • Aporta nas Rías Baixas o 12,5% do emprego e o 11,5 % do PIB (2.200 millóns de euros). Estas cifras en Galicia son lixeiramente máis baixas.
  • É sector clave para sair da crise; para xerar postos de traballo cualificado; e para crear sinerxias

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: