A XUNTA TRASLADA AOS PROFESIONA​IS DA XUSTIZA DE VIGO O PROXECTO DO EDIFICIO XUDICIAL PARA RECIBIR AS SÚAS APORTACIÓN​S.

  • A Xunta reclamou ao Concello unha vez máis que cumpra o seu compromiso e poña a disposición os terreos para que Vigo “non perda” un proxecto tan necesario
  • Recordou que a Xunta ten reservados para esta obra unha partida de 15 millóns de euros dende xa fai 3 anos
  • O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, reuníronse hoxe co persoal da Administración de Xustiza da cidade olívica para coñecer as súas suxerencias

Vigo, 24 de xaneiro de 2012.- O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantiveron esta tarde un encontro cos profesionais da Administración de Xustiza de Vigo para trasladarlles o proxecto do edificio xudicial de Vigo e presentarlles as adaptacións mínimas que tiveron que facer os arquitectos, ao tempo que lles pediron que aporten as súas suxerencias de cara á redacción do proxecto de execución. A Xunta de Galicia reiterou unha vez máis que o proxecto está listo e que o Goberno galego segue á espera de que o Concello de Vigo lles ceda os terreos para poder dar comezo á construción do novo edificio xudicial. O director xeral de Xustiza apelou así á “colaboración institucional” entre Administracións para poder levalo adiante. Coma lembrou a delegada da Xunta, María José Bravo Bosch, a cidade conta agora cunha “oportunidade única” para levantar unha infraestrutura xudicial tan necesaria para Vigo ao tempo que avogou polo “sentido da responsabilidade” para poder iniciar a súa construción canto antes. Deste modo, lembrou que a cidade de Vigo estaba en primeira posición para poder contar cun novo edificio xudicial e “agora somos o último”. Neste senso, os representantes da Xunta recordaron que o alcalde comprometeuse por escrito no ano 2009 a iniciar as expropiacións dos terreos necesarios e poñelos a disposición da Xunta, o mesmo procedemento que se está a facer no resto de cidades incluídas no ambicioso Plan de Infraestruturas Xudiciais que puxo en marcha o Goberno galego, e que xa tivo os seus avances en cidades coma Ourense e Pontevedra, onde os seus respectivos concellos puxeron os terreos a disposición da Xunta de Galicia. Por último, reiteraron que a Administración autonómica conta con proxecto e cunha dotación orzamentaria de 15 millóns de euros dende fai xa tres anos, ao tempo que reclamaron ao Concello de Vigo a súa colaboración e que cumpra o compromiso adquirido de poñer a disposición os terreos para que a cidade olívica “non perda” un proxecto tan necesario coma a Cidade da Xustiza. O director xeral e a delegada da Xunta, xunto ao arquitecto do proxecto, Jesús Irisarri, reuníronse hoxe co xuíz decano de Vigo, Germán Serrano; co fiscal xefe de área de Vigo, Juan Carlos Horro; o secretario coordinador de Pontevedra, Eduardo Sánchez-Tato; e con representantes da Xunta de Persoal, co obxectivo de amosarlles o proxecto en aras de lograr un maior consenso sobre o proxecto xudicial.

O novo edificio xudicial de Vigo contará con máis de 18.000 metros cadrados construídos sobre unha parcela de máis de 10.000 metros cadrados, con espazo suficiente para solventar as necesidades de infraestruturas xudiciais para a cidade para os vindeiros anos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: