Noticias Ayuntamiento de Vigo 24-01-12


Caballero lembra que Navia é a ubicación «óptima» para a posta en marcha da Escola de Danza de Galicia

O alcalde de Vigo reiterou na mañá deste martes a súa petición para que se instale en Navia a Escola de Danza que a Xunta ten previsto crear en Galicia. Deste xeito, indicou logo de manter unha xuntanza co director da Escola de Arte Dramático, Enrique Vieites, esta zona de Vigo podería converterse «no embrión dun campus dos movemento cultural na Comunidade».

 


O alcalde felicita ao Consello de Administración de Tranvías Eléctricos polo seu centenario

Abel Caballero recibiu esta martes ao Consello de Administración de Tranvías Eléctricos con motivo da celebración do século de vida da empresa. O rexedor felicitou aos responsables desta «emblemática» compañía recordando que comezaron cun tranvía e no primeiro ano xa moveron 8.000 pasaxeiros». Destacou que, aínda que xa non seguen a traballar cos trens, seguen ligados a esta cidade.

 



Isaura Abelairas

A concelleira de Cultura presenta a programación do Auditorio Municipal de febreiro-maio 2012

A concellería de Cultura e Festas, Isaura Abelaias, presentou hoxe martes a programación do Auditorio do Concello para os meses de febreiro a maio,cun total 26 funcións que abarcan diversos xéneros como o teatro, a comedia, os monicreques, monólogos, maxia e danza, e incorpora como novidade a música.

 


Xuventude coopera coa Pasarela de Creadores «TexVigo é Moda» na súa segunda edición

A concelleira de Xuventude, Chus Lago, anunciou hoxe martes que o goberno local colabora este ano coa Pasarela de xóvenes creadores «TexVigo é Moda», na súa segunda edición, que sumará ademais o primeiro concurso PTL Vigo Recicla. Serán 100 os mozos que participan e 31 deseñadores, e ten a compoñente medioambiental do concurso, que empregan os residuos do Parque Tecnolóxico e Loxístico para as súas creacións.

 


Exposición de Teresa Fidalgo Suárez na Casa da Xuventude

«EnreDos» é o título da nova exposición que se pode visitar na Casa da Xuventud do 23 de xaneiro ata o 10 de febreiro. A autora da mostra é Teresa Fidalgo Suárez que emprega a técnica de pintura e debuxo carboncillo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: