O CONCELLO DE SALCEDA SUBVENCIONA AOS CENTROS ESCOLARES

  O Concello de Salceda de Caselas ven de asinar sendos convenios co IES Pedras Rubias e o CEP Altamira por valor de 6.300 €. Dita subvención está destinada a financiar os gastos de diversas actividades complementarias á formación organizadas por ámbolos dous centros: viaxes culturais, obras de teatro… A Concellaría de Ensino, dirixida por Teresa Pérez, ven de facer así un enorme esforzo financieiro por manter estas axudas aos centros de ensino: “non nos podemos esquecer que estamos a falar dunha competencia autonómica, non municipal, na que o Concello fai unha importante aportación económica para que os nosos fillos e fillas poidan desfrutar da mellor calidade no ensino”, afirmou a Concelleira.

            Estas axudas materializáronse na sinatura de sendos convenios entre Marcos Besada, Alcalde de Salceda, e Mª Victoria Monterde e Mª Jose Espiñeira, directoras do CEP Altamira e o IES Pedras Rubias respectivamente. Marcos Besada destacou a importancia de seguir a apoiar os centros públicos de ensino “agora máis que nunca, nun momento en que ditos centros ven recurtados día tras día os seus servizos máis básicos”. En declaracións do alcalde “estamos a falar da formación dos nosos fillos e fillas, polo que todo esforzo será pouco en todo o reativo ao apoio aos centros escolares de Salceda”.

            Dende a Concellaría de Cultura lémbrase ademáis que o Concello encárgase de todo o mantemento dos centros de infantil e primaria: pintado, climatización, reparacións… cegando incluso en moitas ocasións a realizar obras que lle corresponderían á Consellería de Educación da Xunta de Galicia pero que as acaba asumindo o Concello para facilitar a formación dos máis pequenos.

            Tamén o CRA Raíña Aragonta recibe axuda do Concello, que se traduce na financiación de diversos autobuses para as saídas que se realizan ao longo do curso escolar.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: