AS TAXAS POLA RECOLLIDA DO LIXO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: A NECESIDADE DE COMPATIR SERVIZOS, ABARATAR CUSTES E IMPULSAR A EQUIDADE

  A disparidade existente na actualidade nas taxas que os concellos cobran aos seus veciños e veciñas pola recollida do lixo son abismais e non se corresponden con diferenzas reais no custe do servizo según un estudio (que se acompaña) elaborado pola Deputación de Pontevedra a través do seu organismo autónomo ORAL. O exemplo máis evidente e rechamante é o de dous concellos da comarca de Pontevedra: Barro e Poio, que en 2011 eran, respectivamente, os que tiñan a taxa máis barata (6 euros) e a máis cara da provincia (104). O que pagaron o pasado ano os veciños de Poio pola recollida de lixo é case 18 veces máis que o que pagaron os de Barro.

Aínda que esta diferenza se suavizou en 2012, ao subir Barro a taxa a 60 euros; as diferenzas aínda entre uns concellos e outros seguen sendo moi grandes e superan en moitos casos o 100% en concellos que prestan un servizo moi similar ou practicamente idéntico. Este ano, despois de que o 37% dos concellos subisen as tarifas, o concello coa taxa máis baixa é Arbo, con 15 euros de cota e o máis caro Poio, con 108. Este é un problema de falta de equidade que se arrastra desde anos atrás pero que, con motivo da crise aflora. Así que, según puxo de manifesto o presidenta da Deputación, Rafael Louzán, é necesario dar unha solución a esta desproporción. Unha solución que, hoxe por hoxe, non pode pasar por un incremento masivo e repentino das tarifas (xa que o servizo de recollida de lixo é un servizo deficitario, dado que non chega a cubrir os custos do servizo, que se estiman nuns 122 euros por fogar), senón por solucións alternativas que afonden en tres aspectos:

  • A racionalización dos recursos
  • A mellora da eficacia do servizo
  • O abaratamento dos custes

Según Louzán, iso pode conseguirse apostando pola mancomunidade de servizos: a prestación deste servizo aos concellos da provincia de forma conxunta permitiría:

1.- reducir nun 50% os vehículos destinados a este fin e noutro tanto o persoal (que podería desenvolver outras funcións nos concellos e, en consecuencia, dar a posibilidade de que ese municipio incremento ou mellore os seus servizos noutros eidos).

2.- Facilitar a relación e a negociación coa empresa xestora dos residuos (Sogama) e abaratar a tarifa que actualmente ten por cada tonelada de lixo que lle chega. Outra vía, que tamén podería ser máis doada de xeralizar se se opta por un sistema mancomunado, é a promoción da reciclaxe que hoxe en día é moi deficiente na provincia, impulsando a concienciación cidadá para que separen na casa e mellorar a distribución de contenedores para que facilitar esta tarefa.

Datos das taxas por comarcas e concellos

COMARCA DA PARADANTA

CONCELLOS Tarifa en 2011 Tarifa en 2012 Periodicidade

de cobramento

Vivenda  Urb. Vivenda  Rúst. Vivenda  Urb. Vivenda  Rúst.
A CAÑIZA 48,00 € 30,00 € 48,00 € 30,00 € Trimestral
CRECENTE 24,00 €  ——– 38,00 € ——-  Anual
ARBO 15,00 €  ——— 15,00 € ——-  Anual
O COVELO 28,14 € 18,77 € 28,14 € 18,77 € Anual

COMARCA DO CONDADO

CONCELLOS Tarifa en 2011 Tarifa en 2012 Periodicidade

de cobramento

Vivenda  Urb. Vivenda  Rúst. Vivenda  Urb. Vivenda  Rúst.
MONDARIZ 37,34 € ——–  50,00 € ——-  Anual
MONDARIZ-BALNEARIO 46,28 € ——-  47,71 € ——-  Semestral
PONTEAREAS 80,00 € 45,00 € 80,00 € 45,00 € Anual
AS NEVES 32,00 € ——-  34,00 € ——-  Semestral
SALVATERRA DE MIÑO 56,65 € 41,19 € 58,35 € 42,43 € Anual

COMARCA DO BAIXO MIÑO

CONCELLOS Tarifa en 2011 Tarifa en 2012 Periodicidade

de cobramento

Vivenda  Urb. Vivenda  Rúst. Vivenda  Urb,. Vivenda  Rúst.
OIA 42,00 €  ——- 42,00 € ——-  Anual
TOMIÑO 39,00 €  ——– 39,00 € ——-  Anual
TUI 84,79 € 55,33 € 84,79 € 55,33 € Trimestral
O ROSAL 40,91 €  ——- 40,91 € ——-  Anual
A GUARDA 59,69 € —— 61,96 € ——– Anual

COMARCA DE VIGO

CONCELLOS Tarifa en 2011 Tarifa en 2012 Periodicidade

de cobramento

Vivenda  Urb. Vivenda  Rúst. Vivenda  Urb. Vivenda  Rúst.
FORNELOS DE MONTES 55,00 € 40,00 € 65,00 € 50,00 € Anual
SOUTOMAIOR 78,10 63,57  80,44 65,47 Anual
PAZOS DE BORBEN 22,54 €  —- 50,00 € —–  Anual
REDONDELA 71,00 € 35,00 € 71,00 € 35,00 € Anual
MOS 36,70 € —— 55,05 € ——– Anual
O PORRIÑO 27,96 € 20,97 € 27,96 € 20,97 € Anual
SALCEDA DE CASELAS 50,29 € 31,41 € 65,00 € 40,60 € Anual
GONDOMAR NON TEÑEN —– —— —— —–
NIGRAN 72,00 €         ——– 75,60 € ——- Anual
BAIONA 74,17 €  —- 74,17 € —–  Anual

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: