Cogave reclama mellor servizo a Correos.

 Dende a COGAVE (Confederación Galega de Asociacións Veciñais, composta por federacións veciñais das catro provincias galegas, e que aglutina a máis de 400 asociacións) queremos reclamar que o servizo que presta a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos se manteña e non se vexa afectado por ningún tipo de recorte. Para calquera tipo de consulta, aclaración ou dúbida, pode poñerse en contacto connosco por medio do teléfono da sede administrativa (982801692), ou ben chamando ao portavoz oficial, Antonio Paredes Nores (609840371)

Duns anos a esta parte véñense tomando decisións que afectan negativamente á calidade do citado servizo. Servizo universal e de grande importancia para calquera sociedade medianamente desenvolvida.

Por todo elo, solicitamos de dita compañía que:

– Non reduza o persoal que leva a cabo o servizo. É dicir, que se cubran as xubilacións, así como as baixas temporais por calquera motivo. Se isto non sucede deste xeito, como está a pasar agora, e os compañeiros dos traballadores de baixa teñen que asumir ese traballo, a calidade do servizo redúcese de maneira exponencial.

– Se dote dos medios oportunos, tanto informáticos como loxísticos, para poder ofrecer así un servizo que cubra todo o medio rural (pensando, sobre todo, nas persoas maiores e en fixar poboación nesta zona) para que, deste xeito, se poida ofrecer un servizo de calidade e que permita competir coa iniciativa privada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: