Comunidade de montes de teis – Comunicado

 CRONOLOXIA    en  contra da Comunidade de montes que o único que fai é defender a aplicación da lei, das resolucións xudiciais e o dos veciños-comuneiros        

 

CMVMC TEIS (ASUNTO IBI MADROA)

          Ben inmoble obxecto de recurso: 6673101NG2767S0001TE

          Situación física: Campo de fútbol de San Paio

          Esta parcela é propiedade da CM de Teis en virtude da Sentenza nº. 11/2009, de 19 maio de 2009, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, (Sala do Civil e do Penal). Sen embargo, a mesma está ocupada por un campo de fútbol, que segundo manifesta a propia Sentenza, é unha instalación ou obra sobre a que recae un dereito de retención polo Concello de Vigo.

Cronoloxía:

  • 3-03-2010: a Subxerencia do Catastro de Vigo acorda a incorporación ao Catastro Inmobiliario como titular catastral da CMVMC Teis en relación aos inmobles con referencia catastral 6673101NG2767S0001TE, 6875201NG2767N0001EK, 6877101NG2767N0001OK, 7077802NG2777N0001IX e 7174501NG2777S0001PU, con efectos do 28-08-2003.
  • xuño 2010: o Concello de Vigo xira liquidación de IBI en relación aos devanditos inmobles, polos exercicios económicos non prescritos: 2007, 2008 e 2009.
  • 23-06-2010: a CM Teis presenta solicitude de exención do IBI para toda as parcelas.
  • 24-06-2010: a CM Teis interpón recurso de reposición contra todas as liquidacións de IBI 2007, 2008 e 2009.
  • 18-10-2010: o Concello estima a exención para todas as parcelas, salvo a exención da parcela 6673101NG2767S0001TE.
  • 20-10-2010: o Concello estima o recurso de reposición contra IBI 2007, 2008 e 2009 para todas as parcelas, salvo o recurso de reposición pola parcela 6673101NG2767S0001TE. 

  • 26-11-2010: a CM Teis interpón reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo, contra a desestimación da solicitude de exención da parcela 6673101NG2767S0001TE (sen resolver a día de hoxe).
  •  29-11-2010: a CM Teis interpon reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo, contra a desestimación do recurso de reposición contra os recibos de IBI 2007, 2008 e 2009 sobre a parcela 6673101NG2767S0001TE (sen resolver a día de hoxe). Xunto coa  reclamación económico-administrativa, solicitouse a suspensión da vía executiva dos recibos do IBI 2007, 2008 e 2009, aportando como garantía un aval bancario concedido por LA CAIXA o 25-11-2010.
  • 8-02-2011: o Concello notifica á CM Teis recibo de IBI do exercicio 2010 pola parcela 6673101NG2767S0001TE.
  • 7-03-2011: a CM Teis interpón reclamación económico-administrativa contra esta liquidación de IBI 2010 (sen resolver a día de hoxe). Xunto coa  reclamación económico-administrativa, solicitouse a suspensión da vía executiva do recibo do IBI 2010, aportando como garantía un aval bancario concedido por LA CAIXA o 28-02-2011.
  • 9-03-2011: o Concello notifica á CM Teis providencia de apremio, emitida polo departamento de Recadación Executiva, por débeda de IBI dos exercicios 2007, 2008 e 2009, que ascende a un importe de 15.847,00.-€, a pesares do aval prestado o 25-11-2010.
  • 8-04-2011: a CM Teis interpón recurso de reposición contra a providencia de apremio polo IBI 2007, 2008 e 2009, alegando que xa se aportara aval para suspender a vía executiva.
  • 12-07-2011: o Concello de Vigo estima o recurso de reposición do 8-4-2011 e suspende a vía executiva do IBI 2007, 2008 e 2009, por estar a débeda correctamente avalada e suspendida a vía executiva.
  • 21-09-2011: o Concello notifica á CM Teis nova providencia de apremio, emitida polo departamento de Recadación Executiva, por débeda de IBI do exercicio 2010, que ascende a un importe de 5.510,69.-€, a pesares do aval prestado o 28-02-2011.
  • 27-09-2011: a CM Teis interpón recurso de reposición contra a providencia de apremio polo IBI 2010, alegando que xa se aportara aval para suspender a vía executiva. (sen resolver a día de hoxe).
  • setembro de 2011: o Concello notifica á CM Teis recibo de IBI do exercicio 2011 pola parcela 6673101NG2767S0001TE.
  • 3-11-2011: contra esta liquidación de IBI 2011 a CM Teis interpuxo reclamación económico-administrativa. (sen resolver a día de hoxe). Xunto coa  reclamación económico-administrativa, solicitouse a suspensión da vía executiva do recibo do IBI 2010, aportando como garantía un aval bancario concedido por LA CAIXA o 17-10-2011.
  • 20-12-2011: o Concello embarga 6.000 € na conta corrente da CM Teis por impago do recibo de IBI 2010, sen resolver antes o recurso de reposición contra a providencia de apremio de 27-09-2011.
  • 22-12-2011: a CM Teis presenta solicitude de devolución de ingresos indebidos, por ser o embargo nulo de pleno dereito, xa que a débeda está avalada e suspendida, e ademais non se resolveu o recurso de reposición de 27-09-2011 contra a providencia de apremio.
  • 4-01-2012: o Concello embarga outros 178,73 € na conta corrente da CM Teis.
  • Expte. 2474/550:    exención de IBI do monte veciñal.
  • Expte. 2476/550:    IBI 2007-2009.
  • Expte. 2654/550:    IBI 2010.
Anuncios

Trackbacks / Pingbacks

  1. Cos pés na terra da CMVMC de Teis | - noviembre 5, 2014
  2. Cos pés na terra da CMVMC de Teis | montenoso - mayo 4, 2015

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: