Deputación Pontevedra​: incremento de Patrimonio e valor de inventario a finais de 2011

 O inventario a finais de ano queda cifrado en 62.463.154 euros

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INCREMENTOU O SEU PATRIMONIO EN MÁIS DE 1.700.000 EUROS DURANTE 2011

A Deputación Provincial de Pontevedra veu incrementado o seu patrimonio en máis de 1.700.000 euros durante o ano 2011, segundo se recolle na actualización do inventario de bens e dereitos da administración provincial.

Ao longo do pasado ano incorporáronse ao patrimonio da Deputación bens e dereitos por un valor de 1.882.918,57 euros, mentres que se produciron baixas por unha contía de 153.591,44 euros. Deste xeito, o inventario total pasou dos 60.733.826,92 euros do 31 de decembro de 2010 aos 62.463.154,05 do 31 de decembro de 2011, o que supón un incremento de 1.729.327,13 euros.

As maiores variacións producíronse no capítulo de bens inmobles, incrementándose o seu valor en 1.252.593,37 euros, pola incorporación de inmobles valorados en 1.385.537,21 euros (a reitoral de Chenlo (Porriño); 21 fincas en Meis para construir a Pousada; a estrada de Lago Castiñeiras, etc.) mentres que só se produciron baixas cifradas en 132.943,84 euros.

Con estes datos, o valor de inventario dos inmobles de titularidade da Deputación Provincial ascende a 45.448.708,56 euros.

Nos demais capítulos as variacións son menores e inclúen o aumento no valor dos mobles de carácter artístico ou histórico en 10.160 euros; altas de vehículos (camións de recollida de lixo para os concellos e máquinas do Parque de Maquinaria da Deputación) que ascenden a 95.724 euros e baixas neste capítulo por un importe de 14.300 euros; e un aumento no valor de inventario doutros mobles de 205.349 euros.

Finalmente, o valor dos semovientes (maquinaria e animais) practicamente se duplicou, pasando ao longo deste ano dos 173.100 euros aos 352.900. Todos eles corresponden á Finca e ó Laboratorio da Deputación en Mouriscade (Lalín).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: