MATO PIDE AO ESTADO QUE REVISE O MODELO DE FINANCIAME​NTO DA LEI DE DEPENDENCI​A PARA GARANTIR E OPTIMIZAR A VIABILIDAD​E DO SISTEMA

  •   A conselleira de Traballo e Benestar mantivo hoxe a primeira xuntanza institucional coa ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, na que acordaron levar a cabo unha avaliación “seria e rigorosa” da lei
  • A titular de Benestar da Xunta e a ministra fixan realizar comisións técnicas de traballo para desenvolver “unha reflexión profunda” da lei coa participación do resto de comunidades
  • Beatriz Mato solicita que se modifique o modelo de financiamento para que se calcule en función do servizo que se presta e para que sexa “unha achega real” do 50% entre Estado e comunidades autónomas, tal e como marca a propia lei

Madrid, 27 de xaneiro de 2012.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, vén hoxe de solicitar ao Estado que revise o modelo de financiamento da Lei de Dependencia, co obxectivo de garantir a viabilidade do sistema e optimizalo. A titular do departamento autonómico mantivo hoxe a primeira xuntanza institucional coa ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, na que acordaron en primeiro lugar levar a cabo unha avaliación “seria e rigorosa” da Lei de Dependencia, para despois estudar, se cabe, as necesidades específicas de cada comunidade e revisar o modelo de financiamento. Así, e en primeiro lugar, a responsable do departamento autonómico da Xunta solicitou á ministra “unha liña aberta e directa” entre Xunta e resto de comunidades autónomas co Goberno central para facer “unha reflexión profunda e unha avaliación seria” da normativa. Desta forma, a ministra comprometeuse a desenvolver unhas comisións técnicas de traballo nas que participen todas as comunidades autónomas para facer esta avaliación. Estas comisións serán paralelas ao consello territorial da dependencia, na que tamén participan todas as rexións. “As comisións de traballo serán outro foro de debate, aínda que máis técnico, para avaliar a normativa, xa que é claro que a lei ao longo dos seus cinco anos de vida non cubriu en toda España as súas expectativas en canto á cobertura de atención á dependencia e en canto ao financiamento”, apuntou a conselleira. Precisamente, o financiamento foi a segunda reclamación da conselleira ante á ministra en relación á Lei de Dependencia. Beatriz Mato reivindicou ante o novo Goberno central a demanda que leva pedindo desde fai tempo: que se busquen vías alternativas ao modelo de financiamento actual, xa que non se está a cumprir por parte do Estado o que esixe a propia normativa de dependencia, un financiamento ao 50 por centro entre Estado e comunidades autónomas. Neste sentido, a titular de Benestar da Xunta reiterou a súa proposta de que o modelo de financiamento debe calcularse en función do servizo que se presta e para que as achegas entre comunidades autónomas e Estado sexan ao 50 por cento, tal e como marca a propia normativa. Explicou que o Estado non cumpre coa parte de financiamento que lle corresponde. Neste senso, apuntou que, de media, o Estado achegou a Galicia en materia de dependencia entre os anos 2007 e 2012 un 28,45 do total investido, fronte ao 71,55 por cento destinado pola Xunta.

Así mesmo, Beatriz Mato indicou a necesidade de que “o nivel mínimo de financiamento vaxa ligado ao tipo de servizo ou prestación e non ao grado e nivel de dependencia como ata o de agora”. “Non é o mesmo financiar unha praza en residencia que unha axuda a unha persoa que coida ao seu familiar en casa, polo tanto, non sirve que se achegue unha cifra fixa por cada dependente”.Beatriz Mato, ademais, reclamou que no nivel acordado se teña en conta a taxa de envellecemento de Galicia- xa que a comunidade galega ten o segundo índice de envellecemento máis alto de España-, e a dispersión territorial.

En definitiva, a conselleira resaltou que a partir de agora se abrirá “unha liña aberta e directa” co Estado para colaborar na avaliación da lei de dependencia.

En materia de dependencia tamén, a titular de Benestar da Xunta propuxo a unificación dos sistemas de información do Estado cos de cada comunidade autónoma e potenciar a rede de servizos existentes

Plan Concertado

Ademais da Lei de Dependencia, Beatriz Mato e Ana Mato abordaron o financiamento do Plan Concertado. Ao respecto, a conselleira solicitou valorar a posibilidade de incrementar o orzamento para Galicia do coñecido como Plan Concertado, o programa de atención aos servizos sociais dos concellos. Ao respecto, a titular de Benestar explicou que “a achega do Estado se desvirtuou nos últimos anos. En Galicia a aportación do Estado é baixa comparado coas necesidades da nosa comunidade, e tendo en conta que a achega é tripartita, entre Estado, Xunta e concellos, dun terzo cada administración”, subliñou. En definitiva, a conselleira de Traballo e Benestar abordou coa ministra diversos asuntos de cara á optimización de recursos, colaboración e coordinación entre administracións en materia de servizos sociais e, polo tanto, acordaron colaborar e coordinarse na definición das necesidades básicas dos cidadás, na cobertura destas necesidades e na prestación dos servizos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: